TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 0 PONTEVEDRA CF 1

45

Unha victoria do Pontevedra nos últimos instantes deixa ó As Pontes ó borde do abismo. Visitaba O Poboado 15 años despois o mellor plantel da categoría xunto ó Racing de Ferrol, e hoxe os pontevedreses viñan co mono de traballo posto, e así, na primeira parte foron os que tiveron as mellores ocasións, un disparo de Manu Barreiro pegado ó pau (21´), un gran tiro de Richi que salva Simón in extremis (32´), un disparo de Antonio que desvía Simón e a bocaxarro Javi Pazos tiraa moi cruzada cando tiña todo a favor (40´), ou as dúas máis claras dos granates , no 34´ e 35´, de Pazos e Pazó, sacando dous defensas locais baixo paus.
aspontes_pontevedra-001.jpg


O As Pontes sacudíase a presión como podía e so chegaba en contadas ocasións, sobre todo por medio de Dieguito, e morrían nas beiras, non obstante, antes do descanso tivo o As Pontes a súa, por medio de Sergio Arias (44´) que se quedou so tras un pase maxistral de Bossa co “guante”, pero o seu tiro foi ó poste, e xa van 15.
No segundo tempo, o xogo igualouse máis, polo cansazo, e foi no 58´ cando tras unha falta botada por Bossa, a barreira desvía levemente e o balón acaba na cruceta, xa van 16.
A falta de 15 minutos, a sufrida parroquia local viu como unha vez máis, tras saque de córner, nun balón morto na área, o central Pazó empalaba o 0-1, coa de dianteiros incisivos que ten o Pontevedra tivo que ser o imponente defensa o que lles deu os tres puntos.
De ahí ó final o As Pontes, sempre a remolque, foi un quero e non podo, Angeriz viu adiantado a Lorenzo pero este rectificou a tempo (80´), e o árbitro adquiriu protagonismo cando no desconto un defensa granate no seu intento de despexar o balón dentro da área, impactou na cara de Chote, cando menos debeu sinalar xogo perigoso, como anteriomente nunha contra na que Hugo Soto se quedaba só e pitou falta en lugar de aplicar a lei da vantaxe.
Pero non é momento de buscar excusas, e o As Pontes queda a cada xornada que pasa nunha zona máis perigosa, agora xa quinto pola cola, a pesar do rexurdir de Celta B, de momento salvado, e Montañeros. Con Lalín, Areas e Betanzos azuzando cada día máis, o peor é que nas últimas cinco xornadas, é o equipo que menos puntos leva sumados, 2 de 15, sexa por falta de sorte ou agotamento nos derradeiros minutos. Tiñao todo a favor para gañar ó Betanzos e colocarse con 28 puntos e a partires de ahi perdeu 8 puntos en 4 partidos nos últimos 5 minutos, e está claro que necesita algún tipo de revulsivo nas dez xornadas que restan si quere tener un mínimo de esperanza de salvarse.
Complicadísima visita ó Manuel Anxo Cortizo o domingo que ven contra un Lalín que está que se sae nas últimas xornadas, e onde só vale gañar os tres puntos. Negreira e Bergantiños 33, Estradense 30, As Pontes 27, Lalín e Areas 25, Betanzos 23 e Sanxenxo 20.
CD As Pontes. Simón, Moncho, Rochela, Chote, Javi López (David Amado 82´), Angeriz, Cata (Jordi 78´), Bossa, Dieguito, Sergio Arias e Hugo Soto (Fernando 64´).
Pontevedra CF. Lorenzo, Pacheco, Pablo Suárez, Pablo Ruiz, Pazó, Antonio, Richi (Carlos Campo 87´), Sidibe, Javi Pazos (Óscar Martínez 59´Suso 91´), Manu Barreiro e David Pérez.
Árbitro: Óscar López Fernández (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Calvo Pérez e Souto Mínguez. Amonestou a Richi, Pazos, Barreiro, Pacheco e Rochela.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, máis de 250 espectadores. Partido correspondente á 28º xornada.
Goles: 0-1, Pazó (74´).
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
aspontes_pontevedra-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios