3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): CD RECECENDE – O ESTEO FS (2-5)

32

Escudo-O-Esteo.pngImportante vitoria do Esteo na casa do Rececende por cinco goles a dous. Ó descanso o marcador era de empate a un gol. Uns cen espectadores no polideportivo municipal da Pontenova.
Se na derradeira xornada de liga o resultado foi de empate a dous goles, nesta ocasión o Esteo trouxo de terras luguesas unha importante vitoria na casa do difícil Rececende, equipo que se reforzou para esta fase de ascenso con xogadores veteranos como Josiño, que hai anos xogou no histórico Autos Puentes. O encontro foi xogado con moita intensidade entre dous equipos que buscan o ascenso de categoría. A primeira parte estivo moi igualada, adiantándose os locais ós dous minutos de partido, empatando posteriormente Gerardo, resultado co que se chegou ó descanso, aínda que os dous equipos tiveron ocasións para marcar. No segundo período o Esteo pasou a dominar o encontro cunha boa defensa e creando moitas ocasións de gol. Bolly, que debutaba neste encontro, marcaba o segundo para os ponteses e despois sería Rubi o que lograba o terceiro aproveitando a superioridade numérica despois da vermella directa ó local Lamas. Coa táctica de porteiro-xogador o Rececende marcaba o seu segundo. E noutra superioridade numérica, trala expulsión de Miguilla, os ponteses controlaron ben a situación conseguindo dous goles máis por mediación de Bolly e Chavo. Tras esta segunda xornada o Esteo é segundo, con catro puntos, tras o Bembrive, de Vigo, que gañou os dous partidos disputados. Na terceira xornada desta fase de ascenso, sábado 17 de marzo, o conxunto pontés volve a xogar fóra contra o Pazos de Borbén.


CD RECECENDE: Illán, Pablo, Josiño, Miguilla, Edu –cinco inicial- Javi, Girón, Cancio, Lamas e Juanmi.
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Bolly, Gerardo, Diego –cinco inicial- Rubi, Chavo, Gerveno, Fran e Pelu.
ÁRBITROS: Suárez Blanco e Castro Bermúdez, de Lugo. Expulsaron ós locais Lamas, con vermella directa, e Miguilla, por dúas amarelas. Tamén foron amoestados Edu e Javi, do Rececende, e Bolly, Rubi e Gerveno, do Esteo.
GOLES: Min. 2 (1-0), Edu. Min. 10 (1-1), Gerardo. Min. 22 (1-2), Bolly. Min. 33 (1-3), Rubi. Min. 34 (2-3), Miguilla. Min. 37 (2-4), Bolly. Min. 39 (2-5), Chavo.
RESULTADOS
M. Bembrive – Pazos de Borbén (4-3)
Bueu – Vilamartín (5-7)
Trabada – Ribeira de Piquin (3-5)
Rececende – O Esteo (2-5)
O Mosteiro Bembrive encabeza a clasificación con seis puntos, seguido do Esteo e Ribeira de Piquín, con 4; Vilamartín e Pazos de Borbén, con 3; Bueu e Trabada, cun punto, e pecha a clasificación o Rececende, con cero puntos.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios