6ª XUNTANZA DOS TRITÓNS DE SAA

30

O pasado sábado preto de corenta antigos xogadores do desaparecido Club Os Tritóns de Saa reuníronse nun xantar de confraternidade no restaurante do campo de tiro da Pena da Revolta, de As Pontes. Esta foi a sexta edición desta xuntanza de irmandade de antigos xogadores, a gran maioría orixinarios de Saa, o barrio máis populoso da parroquia de Vilavella, e con bastantes anos máis ás costas, para lembrar vellos tempos da xuventude e dos bos momentos pasados xuntos practicando fútbol con auténtica afección.
A vestimenta deste desaparecido equipo era de cor verde e branca a franxas verticais e calzón branco. Primeiro xogaban en herbeiras para despois facer un terreo de xogo no lugar de Saa de Arriba. En ocasións reforzábase con xogadores do Calvo Sotelo e Endesa, como Manolo Vilaboy, Bermúdez –pai do xogador do Alcorcón do mesmo nome- Luciano, Pepe Dasilva, Paco Pena, Calpita e outros.
Os Tritóns de Saa, tamén chamado Deportivo Saa, foi un daqueles equipos non federados que existiron no concello das Pontes alá polas décadas dos anos sesenta e setenta do pasado século, que participaban, principalmente no verán, en encontros amigables nos torneos das diversas festas patronais das parroquias pontesas e dos arredores.
Na década dos anos oitenta participou nunha liga que non tiña un carácter oficial. Este histórico equipo, recordado con nostalxia por moitos afeccionados, desapareceu hai uns vinte cinco anos. Pero, os que formaron parte del, dende hai seis anos reúnense nun xantar de confraternidade para lembrar vellos tempos.
tritons_001.jpg


tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
tritons_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios