ADESTRAMENTO DE ALEX CABARCOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

32

O futbolista pontés Alex Cabarcos Souto ven de ser convocado para o último adestramento de preparación da selección galega sub18 antes da disputa da segunda fase do Campionato de España en Ourense ante Aragón e Cataluña. Terá lugar hoxe luns ás 16.00 no Campo de Villestro.
Nesta convocatoria so hai 16 seleccionados, á espera da recuperación nas dúas semanas que quedan dos deportivistas Daniel Iglesias e Juan Barros. Tamén Alex está tocado anque se agarda que estea en perfectas condicións para a disputa do Campionato de España en caso de ser casi seguramente convocado.
Na xornada de hoxe, ademáis de prepararse, analizarán e estudiarán ós rivais, sobre todo á perigosa selección de Cataluña.


Dos convocados está de dulce o central-lateral dereito Jonathan Castro, que a semana pasada xogou coa española sub19, a pesar de ter un ano menos, ante Francia, nun amistoso, onde gañou España 1-2, de preparación para a segunda fase do Europeo Sub19 onde a selección se enfrontará a Italia, Bélxica e Armenia en territorio transalpino. A pesar da dureza da fase haberá que confiar nos Ramalho, Rafa Alcántara, Alcacer, Deulofeu, Jesé, Campaña, Puerto, Juanmi, Suso …
P2255648.jpg
Tamén o porteiro do Celta, Rubén Blanco, xogou a pasada semana dous amistosos en Bulgaria, alternando con Ander Cantero do Osasuna, preparatorios para a segunda fase do Europeo Sub17, nos que España gañou 0-1 e empatou 0-0, desperdiciando moitas ocasións, e botando en falta ó killer do FC Barcelona Sandro Ramírez, que meteu 7 dos 10 goles de España na primeira fase, e boa falta fará que se recupere para tentar de gañar detro de 20 días a Inglaterra, Xeorxia e Ucraina.
A convocatoria é a seguinte:
RC Celta de Vigo: Jonathan Castro, David Goldar, Jose L.Varela, Jordán Domínguez, Alberto Rey, Rubén Blanco.
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos.
RC Deportivo de A Coruña: David Gómez, Jorge Callón.
Pabellón Ourense: Karim Herrero, Alex Ocampo.
Santiago de Compostela: Brais Abelenda
ED Val Miñor: Marcos González
Arousa SC: Eloy Fariña
Foto xentileza Galicia de Caranza/www.muchacalidad.com
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios