BORJA PRIETO NA NELO WINTER CHALLENGE 2012

30

O gran piraguista pontés Borja Prieto Valera comezou a súa competición oficial do 2012 coa coñecida proba portuguesa.
Na competición de 2000 metros, dun total de 135 participantes, foi o 12º clasificado, gañou o portugués Fernando Pimenta, 7:43:64, seguido do seu compatriota Emanuel Silva, ambos campións de Europa, e do ruso Ilya Medvedev, que foron os tres que conseguiron baixar de oito minutos. Xabier Pérez e Óscar Amandi foron 7º e 8º. Borja cubriu a distancia nun tempo de 8:08:66.
Borja competiu tamén nas eliminatorias do K1-200, concretamente na novena das 25 existentes, na que foi primeiro, cun tempo de 41:356, por diante de Wessel, Conceiçao, Cruz e Baptista.
Xa na terceira serie das semifinais Borja foi 5º cun tempo de 40:222, por detrás de Beaumont (38:132), Svensson (38:482) e Connor (39:432), que foron os clasificados pra a final. Ó ser o terceiro mellor tempo dos que non entraron na final, tamén quedou de 12º.
borja.jpg


Na final venceu o canadiense Mark Jonge cun tempo de 38:739, apenas tres milésimas por diante do francés Maxime Beaumont (38:742), e o bronce foi pra o vasco Ekaitz Saies (39:453).
Tamén conseguiu metal o balear subcampión de Europa e bronce mundialista Alfonso Benavides, en C1 200 metros, quedando a apenas 14 centésimas do gañador, o ucraino Maksymchuk.
Cuartas foron Andrea Ocampo en K1 2000 Junior e Carla Mella en K1 2000 Cadete.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios