LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 1 SD COMPOSTELA 1

73

Empate a 1-1 entre o As Pontes e o líder Compostela no encontro disputado onte sábado nunha tarde soleada no Campo Anexo do Poboado.
Na primeira parte dominou máis o As Pontes, e como non, foi o goleador Javi o que abriu a lata ós 39´ cun tanto de cabeza.
Na segunda metade o Compostela botouse máis arriba e por momentos amosou o seu liderato, e tras un centro sen aparente perigo, o porteiro local confiase pensando que marcha fora e o balón peta no poste, afortunadamente.
Non houbo tanta sorte no 68´ onde tras un bo saque de falta lateral o balón entra pola escadra retornando as táboas ó marcador (1-1).
Pero o As Pontes tamén tivo as súas, o habilidoso Javi revolvese na área pequena pero o seu tiro desvíao o porteiro a córner, tamén destacar un centro-chut de Villar salvado in extremis, e a máis clara, unha falta do talentoso Chungui ó longueiro.
No último minuto o Compostela puido levarse os tres puntos, cun tiro dentro da área que foi o longueiro, e o posterior rexeite, e co porteiro vencido, mandarona fora por pouco.
En definitiva, un punto de prestixio para un As Pontes que se sitúa noveno con 37 puntos, once por riba da permanencia e a doce do ascenso. Despois de xogar contra Residencia e Compostela, a semana que vén esperalles outro oso duro de roer, o Ordes, que se xoga o ascenso e tamén a honra tras perder 3-0 no Poboado na primeira volta.
xuvenil_001.jpg


Lidera Compostela con 56 puntos, seguido de Vilalbés e Lugo B con 49, Ordes 47, e Galicia de Caranza cun partido menos, e Residencia, teñen 46.
Xogaron polo equipo de Carballo e Suso, Reina, Palas, Rubén, Gonza, Marcos Otero, Totti (Villar 74´), Marcos Novo, Fabio (Chungui 74´), Javi (Alex Montero 81´), Borja (Beto 61´) e Gogas (Sergio Criado 74´).
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios