Xornadas do PNTD en Galicia coa participación de tres arquieros do Clube Sílex

50

Esta fin de semana celebráronse na Coruña, nas instalacións do Sporting Club Casino, unhas xornadas de tecnificación integradas no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD) da Federación Española. Xornadas que están dentro do control que o PNTD fai dos peportistas de categorías inferiores á sénior. A supervisión dos participantes levouna Lee, técnica da RFETA para as categorías xuvenil e cadete ademáis de ser a responsable do PNTD para a zona norte de España.
2012-03-11-Xornadas-PNTD-Galicia.jpg


Os participantes nestas xornadas foron arqueiras e arqueiros da Comunidade previamente seleccionados polos responsables da FGTA nunhas xornadas celebradas a fin de semana do 18 de febreiro. Todo iso seguindo as indicacións que se piden dende a Federación Española, para facilitar o traballo dos técnicos do PNTD.
Por parte do Clube Sílex asistiron á Coruña a arqueira infantil Cristina Castro, o seu irmán Daniel Castro en categoría cadete, e Miguel Alvariño de categoría xuvenil.
Neste contacto coa responsable do PNTD recibiron indicacións dalgúns puntos que terán que mellorar e doutros aspectos técnicos que deberán acadar. Toda unha ilusión coa que seguir a traballar en cada adestramento, para chegar a conseguir esas metas coa mellor calidade posible. Para axudar nese camiño, asistiron acompañados polos monitores Manuel Buitrón e Alfredo Rubio, que son os responsables da ensinanza e seguimento das categorías de base do clube.
Luis Vera, coordinador da FGTA para o PNTD, fixo indicacións do importante traballo que queda por diante e que se verá nunhas próximas xornadas que se celebrarán polo mes de abril.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios