ALEX CABARCOS E A SELECCIÓN GALEGA SUB18 CONSEGUEN O PASE Á FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

24

A selección galega xuvenil sub18 conseguiu esta fin de semana en Ourense no Campo de O Couto a súa clasificación pra a fase final do torneo, ó ser unha das catro seleccións con mellor puntuación.
Galicia chegaba a esta segunda fase con 6 puntos tras gañar na primeira 1-0 ó anfitrión País Vasco e 4-2 a Extremadura.
Nesta segunda rolda comezaba enfrontandose a un dos favoritos, Cataluña, con Alex de titular, pero o lateral esquerdo pontés non tivo fortuna e foi expulsado por dobre amonestación no 47´. Por sorte os seus compañeiros conseguiron obrar o milagre e manter a porta a cero con dez, e conseguiuse sacar un empate moi valioso, xa que incluso os cataláns fixeron dous postes.
P1340495.jpg


O sábado Cataluña gañou 4-2 a Aragón, quedando todo por decidir na xornada do domingo onde os galegos necesitaban vencer ós aragoneses.
Mal comezaban as cousas pois Capmartin adiantaba ós visitantes apenas ós tres minutos de xogo. Ademáis Galicia non contaba co seu xogador máis internacional pois Jonathan tiña que reforzar a defensa do Celta B no seu encontro contra o Coruxo. Afortunadamente Varela antes do descanso poñía a igualada no marcador.
Pero no segundo tempo Galicia soltouse, e primeiro Dani Iglesias; recentemente convocado por España pra o Pre-Europeo Sub17 onde o dianteiro coruñés terá a difícil misión de suplir ó definitivamente lesionado Sandro Ramírez; poñía o 2-1 no marcador, e o xogador do Racing de Ferrol Sergio González marcaba o terceiro, e o cuarto da tranquilidade, situando o definitivo 4-1 no marcador que selaba a clasificación galega.
Á espera do sorteo de semifinais e da elección da sede, as catro seleccións en principio clasificadas con maior número de puntos son a Comunidade Valenciana, Cataluña, Galicia e Andalucía.
Iso na categoría sub18, pois na cadete sub16 foron Cataluña, País Vasco, Asturias e Baleares.
Hai catro anos foi Rochela quen, con Juan Domínguez, desputou as semifinais deste torneo, anque por lesión caeu da lista definitiva e Galicia sucumbiu nos penaltis ante Canarias, que posteriormente perdería a final coa selección de Murcia 0-1.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
Foto xentileza Pabellón CF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios