BORJA PRIETO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

36

Unha importantísima proba tiña o piraguista pontés Borja Prieto esta fin de semana, os Campionatos de España desputados no Canal de La Cartuja en Sevilla, nas distancias de 2000 e 5000 metros.
Ata un total de 146 palistas tomaron parte no control de 2000 metros dos que os 70 primeiros clasificados competirían ó día seguinte en 5000 metros.
borja.jpg


Piraguistas de moitos quilates, o máis granado do piraguismo estatal, deronse cita na localidade andaluza e así na proba de dous kilómetros gañou a xove promesa de 19 anos, Fran Cubelos, cun tempo de 7:38:43, seguido do ex gañador do Sella Javier Hernanz (7:40:52) e Íñigo Peña (7:44:57). Cuarto foi o tricampión mundial junior Diego Cosgaya (7:44:73), quinto Pablo Baños (7:46:14), sexto o tricampión mundial de maratón Álvaro Fernández Fiuza (7:46:78) séptimo Diego Piña (7:47:21), e oitavo Borja cun tempo de 7:47:52.
Por detrás quedaron outros grandes como Emilio Llamedo (9º), Víctor Rodríguez (10º), Walter Bouzán (12º), Emilio Merchán (13º), Rodrigo Germade (14º), Héctor Cubelos (15º), Roberto Abal (16º), Álvaro Bravo (17º), Iván Alonso (20º), Manuel Busto (21º), David Portela (27º), Damián Vindel (33º), García Toriello (36º), Joan Ardit (44º), Albert Corominas (47º), Jorge Alonso (49º) ou Andrés Del Teso (63º).
Na xornada do domingo, en 5000, volveu gañar un impresionante Fran Cubelos, seguido de Javier Hernanz, a dous segundos, e Emilio Llamedo, a máis de vinte. Borja retirouse tras sufrir un golpe dunha pala que lle causou leves molestias nun hombro.
Dentro dun mes competirá nunha selectiva Copa de España de mil metros, importante de cara á súas posibilidades na selección española.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios