Federación Galega de Baloncesto: Catro novos cursos de iniciación previstos para o mes de maio

58

A Escola Galega de Adestradores da FGB comunica a planificación actual dos seus Cursos de Iniciación, a celebrar nas distintas Delegacións Zonais.
O mes de maio centralizará a oferta formativa, activándose un total de catro cursos diferentes, dos que hoxe adiantamos as datas nas que terán lugar e, no futuro, daremos conta da apertura dos seus prazos de inscrición e das súas sedes concretas.


As Delegacións que contarán con novos cursos son as de Arousa, Lugo, Ourense e Coruña – Ferrol, estas dúas últimas organizándoo de xeito conxunto. A continuación, especificamos a previsión de datas para cada un deles:
Delegación Arousa: 17, 18, 19 e 20 de maio.
Delegación Lugo: 17, 18, 19 e 20 de maio.
Delegación Ourense: 17, 18, 19 e 20 de maio.
Delegación Coruña – Ferrol: 19, 20, 26 e 27 de maio.
OS INTERESADOS CONTACTAR CÓ C. B. AS PONTES
(Pavillón Municipal: mércores 18:00-20:00 e venres 19:30-21:00 ou teléfono 656 35 49 01)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios