Resultados grupo xuvenil de piragüismo no Campeonato de España de Inverno

26

A pasada fin de semana celebrouse en Sevilla o Campionato de Inverno de Piragüismo sobre as distancias de 2000 e 5000 metros. Cunha participación de máis de 1200 padexeiros de toda España, e un altisimo nivel ao ser ano olímpico, contándose nas saldas con varios medallistas internacionais e o practicamente todos os membros do equipo nacional, Grupo Xuvenil so puido enviar unha pequena delegación que acadou os seguintes resultados:
Na categoría Cadete B K1, en 2000 metros David Tonislavov acadou a 52ª posición, na súa primeira participación nun evento de nivel nacional. Na mesma distancia pero na categoría de C1 sénior, Hernán Fernández quedou no posto 79, a 1’51” do catro veces medallista olímpico David Cal, que marcou o tempo de control no 2000 e gañou tamén o 5000. E na categoría de Veteranos de 35 a 39 anos, Ernesto Gancedo obtivo o 30º posto no K1 5000.
O tamén pontés Borja Prieto, que compite co club Piragüamadrid, finalizou na 8ª posición no K1 sénior 2000m.
A próxima cita de competición do Grupo Xuvenil será no mes de abril na travesía da Toxa-O Grove.
piraguismo.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios