LIGA GALEGA DE RUGBI: FENDETESTAS – ZALAETA ARTEIXO (19-100)

32

Fendetestas non foi quen de presentar oposición ó Zalaeta e caeu por un amplo 19 – 100 diante do equipo máis anotador da liga.
Os herculinos, segundos na competición, non eran o rival máis axeitado para un equipo pontés que viña de aprazar o partido da semana pasada por non contar con efectivos, e que desta vez xuntou 13, dous menos dos precisos.
Á vista desta desigualdade a presentación, poida que suicida, foi xogar abertos, sempre á man, e evitando un xogo táctico ó pé que mantivese lonxe ó equipo rival. Buscaban os verdes o que tan só Vigo fixo este ano, facerlles catro ensaios ós de A Coruña, para acadar cando menos o punto bonus.
O partido de contado se veu que era unha batalla perdida cando en quince minutos o Zalaeta xa acadara os catro ensaios, pero dentro dun partido de rugby hai moitas pequenas batallas e aí se centraban os locais na busca dos ensaios que lles garantiran un punto moi preciso. Cando o Fendetestas acadaba esa primeira marca o Zalaeta levaba xa 36 puntos.
fendetestas_01.jpg


Na segunda metade non cambiou a tónica, cos visitantes dominando as fases estáticas, o que daba poucas posesións ó de As Pontes. Sen embargo, cada balón do que dispuxeron volvían movelo na busca de chegar ata a marca rival, así Moncho facía o segundo ensaio no minuto 50, aínda que xa levaban encaixados 60 puntos.
Ata que faltaban dez minutos non chegou o terceiro ensaio, obra de Antón, e os ponteses empezaron a crer nesa cuarta marca. Logo de todo o partido xogando os golpes á man, sen querer tirar a paus, e evitando as touches, a piques estiveron de chegar ó bonus, pero pagaron moi caros os seus tentos, pois cada contra do Zalaeta acababa sumando novos puntos ata chegar á centea que fala dun dominio abafador, pero non é fiel á batalla que presentou un bravo Fendetestas que segue sen baixar os brazos en ningún intre nunha liga que se lle está a facer moi dura.
Por se fora pouco, na Copa, o Fendetestas volvía quedar emparellado co Zalaeta, e este sábado renderalles visita a Arteixo.
Xogaron polo Fendetestas: Moncho, Lois, Iago, Darkas, Gallardo, Pablo, Miguel, Kiko, Antón, Toño, Álvaro, Borja, e MiniPaco.
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
Nova cortesía de X.C. e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios