O MOBLES EUME CAMPIÓN DE LIGA DE VETERANOS DE FÚTBOL-7 DE AS PONTES

53

A falta de dúas xornadas para o final o Mobles Eume proclamouse campión de liga despois da derrota de Farmavida diante de Santaballés (1-2) e a incomparecencia de Maren ó seu compromiso ante o novo campión do torneo de fútbol de veteranos de As Pontes, polo que se lle deu por perdido o encontro por tres goles a cero.
Nos demais encontros, vitoria de Construcións Guerreiro sobre La Galaxia por 2-1 e empates nos partidos Xuntanza-As Pontes 74 (3-3) e A Cepa-Cafetería Bahía (0-0).
Na clasificación falta por decidir o subcampión de liga, título que pode ser para Santaballés, conxunto que nas dúas xornadas que restan enfrontarase a La Galaxia e A Cepa, mentres que Farmavida deberá descansar na vindeira xornada e na derradeira medirase a La Galaxia.
Primeiro e campión de liga 2011/12, Mobles Eume, con 48 puntos. En segunda posición está Farmavida, con 41 puntos e un partido máis. Terceiro é Santaballés con 39 puntos. A continuación están Construcións Guerreiro (32), As Pontes 74 (26) e La Galaxia e Cafetería Bahía (24), A Cepa (20), Xuntanza (13), MMYPEM (6) e pecha a clasificación Maren, con cinco puntos.
O “Pichichi” do campiontao é Santi, do Santaballés, con 18 goles, se de Juancar (C. Guerreiro), con 17. Seguen Michel (C. Guerreiro), con 14 tantos marcados. Con once goles están Fernández (A Cepa) e Susín (Mobles Eume) e con dez tantos marcados, Manel e Pepe, de Mobles Eume.
En canto ós porteiros menos goleados, continúa de primeiro Marcelino (Mobles Eume), seguido de Santi (Santaballés), Luis (Farmavida), Peruzzi (C. Bahía), Enrique (C. Guerreiro), Cillero (La Galaxia).
Mobles-Eume-2011-12-b.jpg

RESULTADOS 20ª XORNADA
Xuntanza – As Pontes 74 (3-3)
La Galaxia – C. Guerreiro (1-2)
Farmavida – Santaballés (1-2)
A Cepa – C. Bahía (0-0)
M. Eume – Maren (3-0)
Descansou: Mmypem

PARTIDOS 21ª XORNADA
24/25 – Marzo – 2012

C. Guerreiro – A Cepa (Sáb. 24, 19:00)
Maren – Xuntanza (Sáb. 24, 20:00)
Santaballés – La Galaxia (Dom. 25, 10:00)
C. Bahía – M. Eume (Dom. 25, 11:00)
As Pontes 74 – Mmypem (Dom. 25, 12:00)
Descansa: Farmavida

veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios