RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

79

Contundente derrota do equipo de Terceira División, 4-0, na casa do líder Ourense, que xa marcou os 4 goles e deixou os deberes feitos no primeiro tempo, os azuis, outra vez, mandaron un balón ó longueiro ó principio pero logo a máquina vermella foi un vendaval e no segundo tempo puideron marcar máis goles, e gracias a Simón salvouse un resultado máis abultado. O As Pontes, xa con moitas baixas, igual que moitos apercibidos de sanción, cun plantel curto en determinados postos, e coa amenaza de so poder contar con dous centrais ata que se recupere Angeriz afrontou a primeira das tres etapas pirenaicas a domicilio que lle quedan contra os tres primeiros clasificados, posteriormente tocarán Cerceda e Alondras e hai que sacar algunha victoria nestes dous encontros vindeiros como visitante. O As Pontes, que vai coa soga no pescozo, como o resto dos equipos que están abaixo, de aquí ó que lle queda de Liga, xogará o domingo un trascendental encontro ante o Negreira, que vai tres puntos por riba e ó que hai que alcanzar como sexa. Por conciencia esperase unha gran entrada no Campo do Poboado o vindeiro domingo. Mentres Celta B e Montañeros, que marchan ambos penúltimo e último pero a dous puntos da salvación, non digan o contrario, hai seis descensos e a día de hoxe os que máis papeletas teñen de ocupar esas seis prazas momentáneas son Bergantiños con 37 puntos, Negreira e Estradense 33, As Pontes e Lalín 30, Areas 28, Betanzos 26 e Sanxenxo 23.


O equipo xuvenil de Liga Galega perdeu 1-0 en Ordes, que se está xogando o ascenso. Os de Carballo, que fallaron un penalti, son décimos con 37 puntos e están 8 por riba das probables posicións de descenso. Precisamente o vindeiro fin de semana reciben ó antepenúltimo clasificado, Xuventu Aguiño, equipo de Riveira no que comezou a súa andaina Veronica Boquete, e que non será doado a pesar de xa vencer o As Pontes 1-5 na ida, pois conseguiron vencer en casa ó Caranza e Lugo B ou a domicilio a Montañeros B e Eume.
O segundo xuvenil perdeu 3-0 en Ferrol ante o Aspirantes. Décimos con 27 puntos a xornada seguinte reciben ó Racing San Pedro.
Victoria do equipo infantil ante o Ánimas 1-3 o que o aúpa á cuarta posición con 27 puntos. Para a semana que ven visita o noso campo un equipo digno de ver, o Portuarios, que conta os seus 15 encontros por goleada, anque vai de segundo por ter dous partidos menos que o Racing de Ferrol. Goles de Raquel, Jose Luis e Jandro.
O Alevín A empatou 4-4 en Ortigueira e a falta de 4 xornadas son cuartos con 49 puntos, recibindo o sábado ó Miño que vai sexto. Goles de Cazás, Diego, Eloy e Bruno.
O Alevín B perdeu 0-4 co Narón BP. Décimos con 12 puntos o sábado van a Ferrol a enfrontarse ó Caranza C.
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
O Benxamín A gañou 1-8 ó Narón BP C, e suben á sexta praza con 32 puntos, e tentarán prolongar a racha na visita do último clasificado Eume o vindeiro sábado ó Poboado. Hat trick de Nono e Xoel, por un de Adrián e David.
O Benxamín B sacou un empate co Miño 3-3 co que xa suman 10 puntos antes de descansar a vindeira semana. Dous de Javi e un en propia porta.
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
O Prebenxamín A prantou cara ó EFR Ferrol, que gañou en As Pontes 0-4 e suma a súa 22ª victoria consecutiva, o que prácticamente lles garantiza o título de Liga pois so necesitan tres puntos máis e a semana que ven reciben en casa ó colista Cedeira B. Polo equipo azul, séptimo con 37 puntos visita o sábado ó antepenúltimo EFR Ferrol C.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
O Prebenxamín B perdeu 4-0 en Ares ante o Numancia. Duodécimos con 11 puntos, o sábado reciben ó EFR Ferrol B que marcha un posto e cinco puntos por riba.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios