3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): O ESTEO F.S. – RIBEIRA DE PIQUÍN (4-1)

38

Vitoria moi traballada do Esteo (4-1) na cuarta xornada da fase de ascenso á Segunda B ante o Ribeira de Piquín, equipo que deu unha boa imaxe no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa entrada, uns 250 espectadores nas gradas.
O triunfo do Esteo e o empate do Bembrive en Trabada coloca ó conxunto pontés na primeira posición, con dez puntos pero con mellor coeficiente de goles cós vigueses. O encontro estivo moi igualado cun Esteo que estivo ben organizado na defensa, pero que en ataque non foi capaz de crear o seu xogo habitual e un Ribeira loitador, que nalgunhas fases dominou a situación e puido dar unha sorpresa á parroquia local. Apenas se viron claras ocasións para os dous equipos nesta primeira metade, agás os tantos de Pellón e Rubi, resultado co que se chegaría ó descanso. Na segunda parte os lugueses saíron decididos a empatar o encontro e ós seis minutos logran marcar por mediación de Kini. A partir de aí sucedéronse as ocasións para os dous equipos, pero os dous porteiros estiveron acertados nas ocasións creadas polo atacantes. A falta de tres minutos para o final o Ribeira saca porteiro-xogador, táctica que non tivo o resultado esperado. Sen embargo, nun contragolpe visitante, Pellón rouba un balón e marca o 3-1 de forte disparo e a falta de dezaseis segundos, Choto atalla un balón e o seu pase longo cólleo Rubi para establecer o 4-1 definitivo nun partido no que os visitantes mereceron algo máis. Na vindeira xornada o Esteo visita a pista do Vilamartín, terceiro na táboa clasificatoria con seis puntos.
esteo_01.jpg


O ESTEO FS: Choto, Pellón, Pelu, Gerardo, Rubí –cinco inicial- Bolly, Fran, Chavo e Gerveno..
RIBEIRA DE PIQUÍN: Dani, César, Paco, Quintela, Kini –cinco inicial- Capdepon, Dani Rodríguez, Donino, Enrique e Jordi.
ÁRBITROS: Martin Vez (Ferrol) e Rivas Fouz (Viveiro). Amoestaron a Chavo, Gerveno, Quintela, Kini e Dani Rodríguez.
GOLES: Min. 4 (1-0), Pellón. Min. 6 (2-0), Rubi. Min. 27 (2-1). Kini. Min. 37 (3-1), Pellón. Min. 39 (4-1), Rubi.
OUTROS RESULTADOS
Bueu – Pazos de Borbén (4-3)
Trabada – M. Bembrive (2-2)
Rececende – Vilamartín (6-5)
CLASIFICACIÓN
O Esteo e M. Bembrive, 10 puntos; Vilamartín, 6; Ribeira de Piquín, 5; Bueu, 4; Rececende, 4; Pazos de Borbén, 3, e Trabada, 2 puntos.
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios