PARTIDO DE PREPARACIÓN DE ALEX CABARCOS EN PONTEVEDRA

68

Trala sensacional nova da clasificación da selección galega sub18 para as semifinais do Campionato de España, xunto a Cataluña, C.Valenciana, e Andalucía (esta última á espera dun recurso de Castela A Mancha), que se desputará do 20 ó 22 de Abril en sede aínda por coñecer, os seleccionadores organizaron un encontro de preparación ante o cuarto clasificado da Terceira División, o gran Pontevedra CF. O encontro xogarase hoxe mércores ás 17:30 en Pasarón.
Están convocados, pero serán baixa, Jonathan Castro, pois o lateral-central olívico está, cun ano menos, en Montenegro, coa española sub19 que desputará dous amistosos de preparación, e tamén o dianteiro Daniel Iglesias, que está en Xeorxia coa selección española sub17 que ten a difícil tarefa de tentar liderar un grupo de clasificación no que tamén está Inglaterra, e Dani o gran reto de suplir ó dianteiro canario do FC Barcelona Sandro Ramírez, autor de 7 dos 10 goles na primeira fase de clasificación (Montenegro 2, Malta 3, Polonia 2), que está lesionado. Tamén vai o titular porteiro celeste Rubén Blanco.


A convocatoria é a seguinte:
RC Celta de Vigo: David Goldar, Jose L Varela, Jordán Domínguez, Alberto Rey
RC Deportivo de A Coruña: Juan Pablo Barros, David Gómez, Jorge Callón
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos
Pabellón Ourense: Karim Herrero, Diego García
Santiago Compostela: Brais Abelenda
Victoria CF: Iago Rial
ED Val Miñor: Marcos González
Arousa SC: Eloy Fariña
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios