TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 SD NEGREIRA 1

89

Uns 250 espectadores en tarde soleada e con varias zonas de As Pontes desgraciadamente ardendo. Antes de comezar o encontro homenaxeouse á futbolista Malena Mieres, medalla de bronce coa selección galega alevín, e única porteira que non recibiu ningún tanto.
Mal partido do As Pontes que empatou na tarde de hoxe ante un rival directo como o Negreira, 1-1, no Campo de O Poboado.
aspontes_001.jpg


O gol de Chicho de cabeza no 13´a centro desde banda de Moncho foi mortal pra o As Pontes, pois a partir de entón reculou, sacudeuse o balón como puido e agardou a que pasasen os 77 minutos restantes de forma descarada. A última aparición con certo perigo foi un pase en profundidade hacia Yordi, que desmarcado, tira cruzado moi frouxo (16´).
Javi López salvou por dúas veces ó equipo sobre a mesma líña de gol (30´), nun balón que se lle escapa a Simón, primeiro, e o posterior rexeite de Javi que o caza Peloto, e volve a salvar. Tras unha falta lateral no 33´ Munín adiantase a Simón pero o seu cabezazo vaise por enriba do longueiro.
No segundo tempo, máis do mesmo, nada máis comezar gol anulado a Adán (46´), centro chut con perigo de Torres que desvía Rochela in extremis (52´), Dani Mendez remata a rentes do pau (67´), Peloto queda so e salva Simón milagrosamente (71´), Adán peitea hacia atrás e salva Simón en dous tiempos (79´), ata que no 84´, tras un riguroso penalti por man involuntaria de Kata, como todo o encontro transcorreu en área pontesa e houbo algunhas xogadas dubidosas anteriomente o colexiado quixo compensar, e Cuqui daballe un merecido empate ó Negreira, que tampouco o salva da queima e afunde un pouco máis a un As Pontes que quixo resolver en 5 minutos o que non fixo nos 70 anteriores e deixou marchar dous puntos, esta vez por méritos propios, ante un rival directo.
Como o plantel confeccionouse con so tres centrais natos trala marcha de Iago, lesionado Angeriz e sancionado Chote, estivo ben o xove Dani nunha posición que non é a súa habitual, tamén os xoves Esmorís e Cañizares, nun partido ultradefensivo por parte local, destacou a retaguardia ata o empate, de medio pra arriba inexistente debido á dinámica do encontro, salvo algunhas mostras de talento de Chicho e Bossa, dos dous dianteiros apenas se soubo da súa existencia.
Afortunadamente, pra ben ou pra mal, xa so quedan seis xornadas pra que acabe todo este sufrimento, e, iso si, con Celta B e Montañeiros asustando, e á espera de que algún galego poida subir a 2ªB, todos os equipos implicados na zona baixa, e digo todos, terán que deixar a vida de aqui ó remate da Liga pola situación económica do fútbol estatal, que salvou o ano pasado ó Areas do descenso, por descenso “económico” do Mesón do Bento, e este ano esta por ver como finalizarán todos os equipos, con moitos rumores e situacións complicadas. De momento hai seis descensos e os maiores candidatos son Bergantiños 37, Negreira 34, Estradense e Lalín 33, As Pontes 31, Betanzos 29, Areas 28 e Sanxenxo 23.
Complicadísima visita ó Alondras a semana que ven, pero aquí non hai ninguén invencible, pois hoxe o Betanzos gañou ben 3-0 ó Cerceda, anque xogando coma hoxe o As Pontes terá pouco que facer en Cangas, así que pra ese partido agardase algo de melloría.
1 CD As Pontes. Simón, Moncho (Fernando 89´), Javi López, Rochela, Dani, Esmorís, Bossa, Yordi (Cañizares 62´), Chicho, Hugo Soto, Sergio Arias (Kata 72´).
1 SD Negreira. Albor, Torres, Rendo, Muñiz, Diego Castro (Juancar 76´), Cuqui, Peloto, Gonzalo (Óscar Vidal 55´), Dani Méndez, Juan (Nando 55´), Adán.
Árbitro: Sergio Espasandín Cores (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Carreira Pardo e Sánchez Rojo. Amarelas a Moncho, Fernando, Yordi, Kata, Cañizares, Muñiz, Adán e Juancar.
Goles: 1-0, Chicho (13´). 1-1, Cuqui, de penalti (84´).
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios