RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

43

O segundo equipo sacou un valioso empate de Mugardos, 1-1, e con Barallobre (22) e Valdoviño (15) xa practicamente descendidos, situase quinto pola cola con 29 puntos alonxando en tres a Neda e Narón B, os inmediatos perseguidores. Próximo partido en A Capela que haberá que tentar gañar pois o equipo local practicamente non se xoga nada, agás a honra, que é moi importante. Gol de Diego Criado.
Moi ben o equipo feminino que acadou un empate na casa do líder Tordoia (2-2), tantos de Yaiza e Chipy, o que o deixa na segunda posición con 7 puntos e empatando na visita do Pastoriza e gañando a domicilio no último encontro a un xa desafiuzado Orzán C clasificaría para a fase final matematicamente. (Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/)
En partido disputado este luns, o xuvenil B empatou a dous goles co Racing San Pedro. Os ponteses mereceron os tres puntos, xa que crearon moitas ocasións de gol, pero en dous erros defensivos os visitantes lograron os seus tantos. A piques de chegarse ó descanso Lucho empataba o tanto inicial dos ferroláns. Ós nove minutos do segundo tempo, novamente Lucho, a centro de Galego, lograba o segundo da súa conta. A partir de aí os ponteses tiveron ocasións para incrementar a vantaxe no marcador. Sen embargo, nunha indecisión na portería local chegou o gol do empate definitivo co tempo xa rematado. Xogaron polo As Pontes: Jairo (Kriki), Roca (Guino), Gonza, Marcos, Álvaro (Picos), Lucho, Alberto, Capela (Pablo), Tini (Saviola) e Galego. No minuto 25 resultou lesionado Tini.
xuvenilb_001.jpg


xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
O equipo cadete perdeu as súas opcións ó subcampionato de Liga tras caer derrotado en Ferrol ante o Portuarios (2-1), entrando nunha mala dinámica tras perder os 3 últimos encontros. Por mor dunha excursión que afectou á práctica totalidade do plantel, o tándem Roca-Bouza apenas puido facer adestramentos nestas dúas últimas semanas. Con San Pedro, Perlío e Numancia acechando deberá loitar nas cinco derradeiras xornadas para manter a terceira praza, e para ilo debería gañar dentro de dúas semanas en casa ante o penúltimo EFG Caranza. Gol do bo dianteiro Diego Filgueiras
O As Pontes infantil aguantou moi ben contra o líder Portuarios, 0-2, 16 vitorias en 16 partidos. Quintos con 27 puntos non volverán á competición ata dentro de tres semanas pois descansan para logo visitar ó Galicia de Caranza que vai cos mesmos puntos.
Moi ben o alevín A que gañou contundentemente 9-3 a un bo equipo como o Miño, devolvendo o 7-2 da ida, e segue cuarto pero cos mesmos puntos que Caranza B, 52, por 59 e 66 dos inalcanzables Perlío e Eume B. Pero o equipo de Fontao ten un complicado calendario nas tres xornadas que restan pois dentro de dúas semanas visitan ó sexto, Portuarios B, e logo xogarán contra Caranza B e Perlío. Dous de Bruno e Chema, por un de Diego, Cazás, David, Eloy e Malena.
Bo empate do alevín B ante o Caranza C, 1-1, en Ferrol. Décimos con 13 puntos, en dúas semanas reciben ó San Pedro B, que vai un posto e tres puntos por debaixo. Tanto de Antón Cillero
O benxamín A gañou 3-0 ó colista Eume e sitúase quinto con 35 puntos non volvendo a xogar ata dentro de tres semanas pois descansan para logo visitar ó Cabanas. Goles de Nono, Xabi Gabeiras e Xoel Pena.
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
O prebenxamín A gañou 1-10 ó R. Ferrol C que marcha antepenúltimo, unha magoa que nos partidos contra Portuarios e Narón lles fallara o gol ós azuis pois poderían estar máis arriba. Sétimos con 40 puntos dentro de dúas semanas reciben ó San Pedro, que marcha segundo por detrás do intratable EFR Ferrol.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Gran vitoria do prebenxamín B ante o R. Ferrol B por 4-2. Deben aproveitar a tónica e intentar vencer dentro de dúas semanas ó Racing San Pedro B en Ferrol, que marcha penúltimo con 8 puntos menos que os azuis. Goles de Iago, Alejandro, Anxo Blanco e Anxo Rey.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios