TERCEIRA DIVISIÓN: ALONDRAS CF 1 CD AS PONTES 1: INDIGNACIÓN PONTESA EN CANGAS

51

Empate con depresión do equipo pontés na súa visita a Cangas ante ó lider Alondras en partido adiantado da 33ª xornada e xogado este Xoves Santo, onde se viu gravemente perxudicado no desconto, por un penalti que non foi.
Dificultades pra facer o plantel tiña Manolo García, o pasado domingo lesionouse o lateral diestro Moncho, e o outro lateral Fernando tivo un mal momento e a pesar de xogar apenas 5 minutos contra o Negreira, encarouse cun rival, sacaronlle o quinto cartón, e o equipo quedou sen laterais diestros pra o partido contra o Alondras. Hoxe tivo que xogar Rochela nese posto, e lesionado Angeriz, quedaba Chote como único central, que foi acompañado polo seu irmán Dani, que a pesar de xogar por segunda vez de improvisado central estivo ben nos 90 minutos, como toda a defensa en xeral.
Conforme á clasificación, o Alondras primeiro, e o As Pontes, polas circunstancias que sexan, decimoséptimo, saiu dominando o conxunto local, e ós tres minutos, o gran Santi Domínguez, máximo goleador da categoría con 24 tantos, facía dous quiebros dentro da área, pegou un zapatazo e rebotou nun defensa, o que zafou o perigo. No 20´ tras un saque de falta, Santi deixa pasar o balón intelixentemente, e Simón desvía a córner in extremis, no 26´ regate de Felix a un defensa pero afortundamente anticipase Simón, no 30´outra vez Félix manda un trallazo dende fóra da área e despexa Simón como pode, no 38´ esvara Dani que perde o balón, pero afortunadamente antes de que o dianteiro rival quede so, chega un Rochela salvador moi atento. O As Pontes fixo o que en teoría tiña que facer, a domicilio e ante o líder, esperou ben agazapado e tentaba aproveitar as contras, pero pouco houbo no primeiro tempo, tras unha boa xogada de Chicho, un centro de Jordi que se pasea pola área (23´) e un forte disparo do propio Jordi (40´).
terceira_001.jpg


Comezou o segundo tempo con intercambio de golpes, o de Jordi (47´) foi contestado por Santi Domínguez (48´). O extremo Mauro entrou faltando 32 minutos e revolucionou o encontro, facendo un primeiro tiro perigoso que parou Simón, un minuto despois tras un centro de Soto, o central e porteiro local fanse un lío que non aproveita Arias. No 64´chegou o gol azul, tras unha falta rigurosa a Arias, lanza Bossa co seu guante, roza a luva de Nando e o poste pero acaba dentro ante a sorpresa da parroquia local. Tras un bo disparo de Soto no 66´puido sentenciar o As Pontes no 76´ cando a Nando, nervioso polo gol, se lle escapa un balón centrado, pero a Pablo non lle da tempo a reaccionar e non atina a porta baleira.
Sen embargo foron os locais os que se foron con todo a polo gol e tiveron tres grandes ocasións, no 80´un tiro de Mauro desde a media lúa bica o poste, no 85´, tras saque de corner, o balón pasease e sorprendentemente Outeiral, a medio metro e sen oposcicón mandaa fóra. No 90´ é o central que foi 4º no Europeo Sub17 Dinamarca 2002 coa selección española, Sestelo, o que subiu a rematar pero o seu cabezazo foi desviado. Entremedias, no 81´, Hugo Soto acorralado na área por tres defensas, cae, e o colexiado ensinalle cartón amarelo.
Pero chegou o minuto fatídico, o 94´, e o que son as cousas do destino, nun balón que a moitos xogadores se lle iría fora de banda no control, e o colexiado pitaria o final, pero o xove Mauro controlou ben, pasou a un compañeiro que estaba dentro da área, e ante a mirada de calquer afeccionado neutral, o xogador fai un quiebro a Dani, e ó ver que o balón se lle escapa, tirase descaradamente, o peor de todo é que o colexiado estaba a dous metros, e para asombro da propia parroquia local que non daba crédito, sinalou penalti, seguramente porque el o viu asi, pero non se pode pitar un penati no último segundo senon é moi rotundo ou meridianamente claro. Tirouno o gran Santi Domínguez que enganou a Simón que se tirou ó outro lado e aló se escaparon outros dous puntos para o As Pontes.
Acabouse o encontro e o trío arbitral tardou varios minutos en encarar o vestiario ante as entendibles protestas do cadro pontés, que non foron a máis. Este ano fixose un libro sobre a historia do As Pontes, pero esta temporada daría pra escribir outro, cando non son os postes son os penaltis que se fallan, ou senon que os rivais marcan no último momento, cando non se pode gañar porque o rival é mellor ou ten máis sorte, agora xa incluso non lle permiten gañar por decisións totalmente erróneas.
Pero non hai que caer na autocomplacencia, quedan cinco encontros por xogar, e non hai que pensar nos catros descensos directos, nos dous posibles arrastres, nos ascensos de equipos galegos a 2ªB, nin nos posibles “descensos económicos”, hai que sair, futbolísticamente falando, co coitelo entre os dentes e tentar sacar os 15 puntos que restan ou polo menos os máximos posibles e quedar o máis arriba que se poda. Logo o destino decidirá. Pero hoxe Xoves Santo o As Pontes volveu a casa coa cruz no lombo e os afeccionados coas lágfrimas nos ollos.
1 ALONDRAS CF. Nando, Castilla, Rubén, Toni, Sestelo, Iago (Outeiral 68´), Félix (Pablo 65´), Leiro, Andrés (Mauro 58´), Santi Domínguez e Jacobo
1 CD AS PONTES. Simón, Rochela, Chote, Dani, Javi López, Esmorís, Bossa, Jordi (Iván González 71´), Chicho (Pablo 71´), Hugo Soto e Sergio Arias (David Amado 86´).
Goles: 0-1, Bossa (64´), 1-1, Santi Domínguez, de penalti (94´).
Árbitro: Javier Rodríguez Romero (Santiago). Auxiliado nas bandas por Jesús Mosquera e Jonatan Losas. Amonestou a Jordi, Chote, Soto, Chicho e Pablo, todos polo bando visitante.
Campo e incidencias: Campo de Morrazo, gran entrada con preto de 500 afeccionados que acudiron a animar ó seu líder. Partido adiantado á 33ª xornada de Liga
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
terceira_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios