O CD AS PONTES FEMININO, SEGUNDO NO TORNEO DE CARIÑO

63

O CD As Pontes Feminino quedou de segundo no torneo desputado este domingo tras perder a final ante o Mandiá por 1-0.
Na fase de grupos venceron ó Ortigueira (3-0) e Cedeira (2-0). No encontro decisivo que valía o pase á final, empataron 1-1 co anfitrión Cariño, ían gañando 1-0, pero un riguroso penalti valeu o empate. Na decisiva quenda de penaltis gañou o equipo azul 3-1, cos goles de Yaiza, Carla e Leti, que tamén fixo unha parada no primeiro lanzamento do Cariño.
Xa na final, contra o gran equipo do Mandiá, que tiña varias xogadoras de A Fervenza de fútbol sala, e na primeira fase eliminou a Narón, Aspirantes e Maniños, comezou dominando o As Pontes, anque partía en inferioridade pola veteranía das rivais fronte a xuventude de moitas das xogadoras pontesas, pero a porteira estivo moi ben, incluso salvou dúas seguidas de Silvia e Yaiza que por pouco non entraron.
feminino_001.jpg


A pouco de chegar ó descanso nun penalti inocente adiantaronse as verdes por medio da súa mellor xogadora, a número 7, e puido empatar o As Pontes con outro penalti, pero a Leti paroullo a súa rival.
No segundo tempo comezaron dominando as do Mandiá e Leti salvou algunha que outra, incluso desviou unha moi clara ó poste. Pero conforme avanzaba o tempo as azuis embotellaron ás verdes e acabaron dominnado na súa área, dúas boas faltas de Lía non entraron por moi pouco, pero ó final non se moveu o marcador e o Mandiá levou o trofeo.
Polo As Pontes xogaron 1 Leti, 2 Yaiza, 3 Mireia, 4 Jani, 5 Silvia, 6 Andrea, 7 Clara, 9 Alba Romero, 10 Carla, 11 Lía, 14 Carmela e 15 Laura Permuy.
Marcaron os tantos Yaiza (3), Clara, Jani e Lía.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios