ARTPO presenta a súa 1ª exposición

66

Do 12 ao 20 de abril, a sala de exposicións do Mercado Vello acollerá a mostra pictórica dunha vintena de artistas ponteses. Son os integrantes do recentemente creado grupo ARTPO, nado co propósito de fomentar a creación artística a través de cursos, exposicións ou conferencias, cunha periodicidade de reunión mensual.
Dende ARTPO convídase a todos aqueles artistas plásticos a formar parte desta nova entidade cultural da Vila, así como tamén a participar da exposición.
A inauguración será o xoves día 12 de abril ás 19.00 horas.


cartel_artpo.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios