3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): O ESTEO F.S. – M. BEMBRIVE (1-4)

52

Primeira derrota do Esteo na casa na fase de ascenso á Segunda B, precisamente contra o seu rival máis directo. O Bembrive vigués gañou por un claro 1-4, cando na primeira metade os locais vencían por 1-0. Excelente entrada no pavillón municipal da Fraga, cuns 350 espectadores nas gradas.
Grave revés do Esteo na fase de ascenso á Segunda B nun partido que puido sentenciar na primeira metade, pero volveu a acusar a falta de efectividade de cara ó gol que está amosando nesta fase da liga. A primeira parte foi de dominio dos locais cunha boa defensa, que non deixou crear perigo ós visitantes. Os ponteses tiveron moitas e claras ocasións para marcar, pero tan só lograron o tanto de Rubi, logo dun saque de esquina. Na segunda parte o Bembrive saíu con forza o que dificultaba a saída do Esteo, empatando o partido ós sete minutos por mediación de Berna. O Esteo dispuxo de dúas boas ocasións para marcar, sen embargo, nun erro defensivo aprovéitao o Bembrive para poñerse por diante no marcador. Tras este tanto, o Esteo arriscou máis, pero os vigueses controlaban ben o encontro. A falta de tres minutos o Esteo saca porteiro-xogador tratando de igualar o encontro. Sen embargo, no derradeiro minuto de xogo o cadro vigués sentenciou o partido con dous goles máis. Unha vitoria que lle supón tomar unha clara vantaxe para o ascenso de categoría ó ter seis puntos máis cós ponteses e a falta de oito xornadas para o final da competición.
esteo_01.jpg


O ESTEO FS: Choto, Pellón, Bolly, Fran, Gerardo –cinco inicial- Rubi, Gerveno, Chavo e Pelu.
M. BEMBRIVE: Graña, Marco, Berna, Jacobo, Pitu –cinco inicial- Jorge, Ges, Miguel e Marcos.
ÁRBITROS: Rivas Fouz (Viveiro) e Dans Rey (A Coruña). Mala actuación do dúo arbitral, en especial do viveirense Rivas Fouz, que sen influír no resultado, prexudicou ó cadro local ó non pitar claras faltas dos vigueses na segunda parte, o que suporían o lanzamento de varios dobre-penaltis. Amoestaron ós locais Pellón, Chavo, Rubi e Bolly e ó visitante Ges.
GOLES: Min. 15 (1-0), Rubi. Min. 27 (1-1), Berna. Min. 30 (1-2). Miguel. Min. 39 (1-3), Jacobo. Min. 39’39” (1-4), Pitu.
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
esteo_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios