RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO C.D. AS PONTES

70

Non estivo nada fino o cadro de Iván Rodríguez ante A Capela, co que perdeu 4-0. Por fortuna mantén a quinta praza por detrás con 29 puntos, por 27 do Neda, 26 do Narón BP B, 22 de Barallobre e 15 de Valdoviño. Quedan catro xornadas e a semana que ven necesitan gañar ó Miño, compañeiro de categoría do ano pasado.
O xuvenil de Liga Galega perdeu 1-0 en Santiago ante o Atlético Fátima, equipo que xa gañara no Poboado 1-2. Son décimos con 40 puntos, 10 por riba do descenso. Precisamente o vindeiro sábado recibirán ó Viveiro, un rival que é quinto pola cola con 30 puntos e hai que intentar gañar para deixar sentenciada canto antes a presenza un ano máis na categoría.
O segundo equipo xuvenil perdeu 2-1 (gol de Picos) na casa do penúltimo clasificado, o Miño, e queda décimo con 27 puntos descansando a semana que ven por retirada do Ortigueira.
O As Pontes cadete volveu á senda da vitoria e gañou 5-0 ó Galicia de Caranza, con goles de Brais (2), Nahúm, Óscar e Roberto. Seguen terceiros con 30 puntos, por detrás de Caranza con 42 e Narón con 36, pero xa deixan ó cuarto clasificado Numancia con 24 puntos. A semana que ven visitan ó Amistade de Meirás.
cadete_01.jpg


cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
O As Pontes alevín A gañou 0-4 (goles de Diego, David, Bruno e en propia porta) en Ferrol ó Portuarios B e mantén a cuarta praza con 55 puntos. Complicado calendario nas dúas xornadas que lle restan, o próximo sábado recibe ó terceiro Caranza B e na última xornada visita ó segundo, Perlío.
O alevín B xogaba contra un rival directo na loita por sumar puntos, pero perdeu 0-1 co Racing San Pedro B co cal o equipo ferrolán igualáo na clasificación, aínda que queda por detrás polo coeficiente de goles. Os azuis son décimos con 13 puntos e o sábado visitan ó penúltimo Galicia de Caranza E.
Moi ben o benxamín B que empatou 4-4 (3 goles de Joan e un de Javi) na súa visita a San Sadurniño. Duodécimos con 11 puntos reciben ó pechacancelas San Pedro no seu último partido na casa.
Gran empate (5-5) do As Pontes prebenxamín A ante o segundo clasificado Racing San Pedro, que este ano gañou todos os seus partidos por goleada, agás os dous que xogou contra o Ferrol e no que exerceu de visitante contra o terceiro clasificado, O Val. Os azuis quedan sextos con 41 puntos, xogando o próximo sábado contra o cuarto clasificado, Galicia de Caranza. Os goles foron obra de Mario (2), Yadai, Sergio e Iker.
Gran vitoria do prebenxamín B na súa visita ó Racing San Pedro B, 0-1 (gol de Álex Montero), xa se sitúa con 17 puntos na undécima praza, xogando o derradeiro partido como local ante o Galicia de Caranza C.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e AF.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios