TERCEIRA DIVISIÓN: CCD CERCEDA 2 CD AS PONTES 0

75

Derrota do As Pontes na súa visita na tarde de hoxe ó terceiro clasificado e campión do ano pasado, o Cerceda, por 2-0, tras sufrir outra pobre arbitraxe a domicilio acabando con nove xogadores.
aspontes-cerceda_001.jpg


Tras uns primeiros minutos nos que se aproximaba o cadro local, nunha indecisión entre o porteiro e defensa local, Chicho dispara desde uns 40 metros a porta baleira pero foise fóra (10´). Tras un mal despexe da zaga, tirou cruzado Xaco e foise por pouco (12´).
No 14´o árbitro empezou a perder o norte neste encontro, e tras unha falta lateral anuloulle un gol dubidoso ós locais, de Aitor que cabeceou, por un posible fora de xogo no momento do centro, que non sería do defensa, pois chegaba desde atrás.
Pero pouco máis tarde (16´), nunha internada por banda dereita de Noé, centra hacia atrás, ninguén acerta a despexar e Joselu manda un zapatazo que tras pegar no poste entra sen oposición.
Un minuto máis tarde Pablo probao dende fora da área e desbarata Cristofer. No 20´, outro bo centro de Noé, e Joselu en boca de gol non empala o 2-0 por milímetros.
No 24´ Soto recuperou un balón no borde da área ó último defensa, encarou ó porteiro pero o seu tiro cruzado desviao o ex gardamallas da selección galega UEFA. Intres máis tarde Joselu volveu quedar so, pero rematou por alto (25´).
No 28´ chegou a xogada coa que o árbitro deu por concluido o encontro, nun pase en profundidade, Joselu gañalle a carreira a Dani, pero este consigue tocar o balón no seu intento de despexe, o 9 local, que era o último xogador, cae, e o árbitro sacoulle cartón vermello ó xogador pontés a pesar de darlle ó balón.
Non ten sorte cos colexiados, unido ó de hoxe, en Dorneda empurrarono por detrás, agarrou o balón coas mans pra sacar rápido e o colexiado sinalou penalti, o mesmo que pasou en Cangas cando Mauro se tirou, e él simplemente estaba ó seu lado.
Arreón dos locais ante un As Pontes que se intentaba reubicar, e paradóns de Simón a sendos disparos de Franqueira (34´) e Joselu (36´). Antes de chegar ó descanso (42´), Franqueira rebasa a Javi López e cae, semella que se tira e o colexiado non sinala nada.
Os segundos 45 minutos comezaban sen tregua, e outra vez Joselu, que hoxe estivo incordiando continuamente, e outra vez paraba Simón (47´).
Non tivo o seu día Kata, pois apenas levaba tres minutos no campo, e tras unha forte entrada, que se resolvería con amarela, o colexiado seguía entonado e sacoulle vermello directo (72´). Pouco antes hai un posible penalti a Javi López que salta pra cabecear de espaldas preto do punto de penalti, o porteiro botaselle enriba pra despexar o balón, e o colexiado sorprendentememte sinala falta do xogador azul, e por riba expulsa a Fontao. Outro cabezazo de Joselu fora por pouco no 74´.
Aínda así no segundo tempo, aproximouse dúas veces con perigo o As Pontes por medio de Hugo Soto, pero non acabou en gol.
Nos últimos 15 minutos o As Pontes aguantou como puido con dous menos, e no 87´o recén saído Gonzalo fai un centro chut, Rodrigo entre que non acerta e que se aparta, pasa o balón, Simón non lle da tempo a reaccionar e colase rozando o pau selando a sentencia definitiva.
Pra o encontro de hoxe o cadro azul arrastraba as lesións de Dieguito, Angeriz, Moncho, Jordi, e a Sergio Arias tiverono que operar onte de apendicite co cal perdese o resto da tempada. Puideron xogar, anque con molestias, Bossa e Chicho.
Quedan tres partidos e hai que tentar sacar os nove puntos, a Liga segue. Visita ó Ordes o vindeiro fin de semana.
2 CCD CERCEDA. Cristofer, Noé, Caridad, Aitor, Cabrejo, Mariño, Rodrigo, Franqueira (Moreira 63´), Xaco (Remeseiro 69´), Souto (Gonzalo 85´), Joselu.
0 CD AS PONTES. Simón, Rochela, Dani, Chote, Javi López, Esmorís, Bossa (Kata ´69´), Chicho (Cañizares 80´), Pablo (Fernando 56´), Iván González, Hugo Soto.
Árbitro: Jose García Parada. Auxiliado nas bandas por Baltasar González e Leiros Rodríguez. Amonestou a Soto, Bossa, Chicho, Mariño e Aitor. Expulsou a Dani (28´) e Kata (72´) con vermello directo.
Goles: 1-0, Joselu (16´). 2-0, Gonzalo (87´).
Campo e incidencias. Campo de O Roxo. Máis de 200 espectadores, moitos ponteses, en tarde chuviosa. Partido adiantado correspondente á 35ª xornada.
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
aspontes-cerceda_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios