SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 1 AD MIÑO 1

58

Un punto de ouro tendo en conta as circunstancias foi o que sacou o segundo equipo pontés no encontro desputado na tarde de hoxe ante o AD Miño no Campo Anexo Jose, no que logrou empatar no tempo de desconto.
Pra o partido de hoxe contou Iván Rodríguez con varios xogadores do equipo xuvenil, tendo en conta o parón ligueiro desta fin de semana por mor do Campionato de España Xuvenil sub18 no que Alex Cabarcos logrou unha valiosísima medalla de prata coa selección galega. Iván convocou a Fran Prieto “Totti”, Isma Prieto “Palas”, Javi, e ademáis contou co porteiro do primeiro equipo Iván Parapar.
Destacar a volta a casa de Adrián Varela Ramil (22-10-1991), o porteiro que xogou no xuvenil pontés de División de Honra e na selección galega sub18 cun ano menos, ou que nunha gloriosa quenda de penaltis parou varios, o que, entre outras cousas, acabou valendo o título de Copa Cadete o equipo pontés ante o Cedeira en 2007.
segunda_rexional_01.jpg


Tras unha primeira metade con empate a cero, nada máis comezar o segundo tempo o equipo visitante poñíase por diante, tras un bo quiebro co que o dianteiro se desfai do defensa, ante a saída de Iván tira e entra o balón tras bater no poste, 0-1, xarro de auga fría e tocaba remar contra corrente.
Quedaba case todo o segundo tempo por diante e intentouno o equipo azul, que tampouco conseguiu chegar con excesivo perigo e apenas resaltar un par de remates de Totti e Javi.
Xa no desconto, o xemelgo Fernando recolle un rexeite desde uns 30 metros e empala o balón, que acaba colandose por riba, ante o que o porteiro visitante non pode chegar, para algarabía da afección e equipo local que rescatou un punto que pode ser de ouro. Non foi o gol desde 45 metros de Nayim a Seaman na final da Recopa Zaragoza-Arsenal de 1995, pero faltoulle pouco.
Quedan tres xornadas, e o As Pontes é quinto pola cola con 30 puntos, por 27 do Rápido de Neda, 26 de Narón BP B, 25 de Barallobre, e 15 de Valdoviño, xa matemáticamente último clasificado con 15 puntos.
Quedan 3 encontros por desputar, visitar a Ánimas e San Sadurniño que non se xogan nada clasificatoriamente, agás a honra, e recibir ó Cedeira que está segundo loitando a primeira praza con Meirás. Sería moi bo conseguir alomenos entre 3 ou 4 puntos.
Xogaron Iván Parapar, Alberto (Hugo Gegundez 80´), Fernando, Palas, Carlos, Totti, Javi, Guille (Hugo Cascudo 50´), Fermín (Borja 50´), Púas e Moya (Adrián Criado 70´).
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
segunda_rexional_01.jpg
Nova cortesía de A.F. e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios