3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): A.D. BUEU – O ESTEO FS (2-8)

50

Escudo-O-Esteo.pngO Esteo gañou con claridade ó Bueu por 2-8 (ó descanso, 1-1) en partido da sétima xornada da fase de ascenso a Segunda B. Uns cen espectadores nas gradas do pavillón municipal de Bueu.
Vitoria do Esteo na difícil pista do Bueu nun partido que dominou de principio a fin e onde os ponteses por fin atoparon o olfato de gol. A primeira parte foi de dominio do Esteo realizando unha boa defensa e creando numerosas ocasións de gol. Sen embargo, só materializarían unha por mediación de Bolly, empatando Pablo para os locais a tres minutos do descanso. Na segunda parte os ponteses saíron decididos a polo partido, pero sería o Bueu o que se adiantaba no marcador por obra de Mon. A partir de aí comezou o festival de goles do Esteo, con Rubi como protagonista marcando catro tantos, Bolly outros dous máis e Pelu serían os autores dos goles ponteses neste segundo tempo. Con este resultado o conxunto pontés continúa na segunda posición, agora a catro puntos do Bembrive, que nesta xornada empatou na casa co Ribeira de Piquin. Na vindeira xornada comeza a segunda volta e o Esteo xoga de novo fóra visitando ó Trabada.


A.D. BUEU: Piki, Rodri, Pocho, Mon, Rafita –cinco inicial- Pablo, Samu, Martin, David, Álex, Adri e Bertiño.
O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Fran, Gerardo e Rubi –cinco inicial- Gerveno, Bolly, Pelu e Chotto.
ÁRBITROS: Castro Maquieira e Roldán Pérez, de Pontevedra. Amoestaron a Mon, Rafita e Rubi.
GOLES: Min. 10 (0-1), Bolly. Min. 17 (1-1), Pablo. Min. 21 (2-1), Mon. Min. 22 (2-2), Rubi. Min. 27 (2-3), Bolly. Min. 29 (2-4), Bolly. Min. 32 (2-5), Rubi. Min. 34 (2-6), Rubi. Min. 35 (2-7), Pelu. Min. 38 (2-8), Rubi.
OUTROS RESULTADOS
Trabada-CD Rececende (0-6)
M. Bembrive-Ribeira de Piquin (5-5)
Vilamartín-Pazos de Borbén (7-3)
CLASIFICACIÓN (ptos.)
1º M. Bembrive (17)
2º O Esteo FS (13)
3º Vilamartín (12)
4º CD Rececende (10)
5º Ribeira de Piquin (9)
6º AD Bueu (7)
7º Pazos de Borbén (6)
8º Trabada (5)
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios