C.D. AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

35

Coa clasificación xa no peto o equipo feminino gañou ó Orzán C cun gol de Noelia no último minuto. Pasan de segundas de grupo con 13 puntos, por 16 do Tordoia, 6 de Pastoriza e 0 de Orzán C. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Sufrida vitoria do equipo cadete, 0-1 (gol de Iván Carballeira), ante o Amistade de Meirás, o que sen embargo case lle garante o terceiro posto, a falta de tres xornadas. A semana que ven precisamente visitan ó Numancia en Ares, que vai cuarto, oito puntos por detrás.
Vitoria do equipo infantil, tamén por 0-1 (gol de Josiño), ante o Galicia Caranza, que o consolida na quinta posición a falta de catro xornadas, con 30 puntos. Tamén precisamente recibirán ó cuarto clasificado Numancia de Ares, que ten 31, o vindeiro sábado.
Sensacional triunfo do alevín A de Fontao, que gañou 8-1 ó cuarto clasificado, Galicia Caranza B, que o alonxa a tres puntos. Goles de Bruno (2), Fraga (2), Cazás, Barro, Sergio Otero e Diego Criado. Como só queda unha xornada e favorécelles o goal average, pois en Ferrol perderon 6-1, aseguran matematicamente a terceira praza con 58 puntos, pois tamén aínda que o Amistade de Meiras sumara na derradeira xornada 58 puntos, seguiría gañando o As Pontes nun hipotético triplo empate entre os tres conxuntos ou no goal average particular ante os de Valdoviño. O As Pontes rende visita ó segundo clasificado Perlío, sendo xa o campión matemático o Eume B.
benxamin_b_05.jpg


Gran vitoria do alevín B por 0-2 (goles de Mateo e Germán) ante o Galicia Caranza E, o que os sitúa décimos con dezaseis puntos, antes de pechar a liga recibindo ó pechacancelas, Cedeira B.
O benxamín A venceu 1-3 ó Xuventude Cabanas, e son sextos con 38 puntos, pechando a liga na casa ante o Portuarios B. Xan anotou dous goles e Nono un.
O benxamín B empatou a catro goles ante o derradeiro clasificado, Racing San Pedro B, logo de remontar 1-4 adverso. Pecharán a liga visitando ó segundo clasificado, Narón BP. Marcaron por partida dobre Joan e Jandro (foto).
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
benxamín B
O Galicia de Caranza venceu 4-1 ó As Pontes prebenxamín A, resultado que o relega á oitava praza con 41 puntos recibindo no derradeiro encontro ó San Sadurniño.
O Prebenxamín B perdeu 0-4 ante o Galicia de Caranza C, cuarto na clasificación. Na derradeira xornada de liga visita ó Galicia de Mugardos.
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Prebenxamín B
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios