O Clube Sílex no Campionato de España de Clubes e no Gran Premio de España Cidade de Boadilla del Monte

25

O Clube Sílex volveu a inscribir un equipo no Campionato de España de Clubes na categoría de Home Arco Recurvo. Desta maneira da continuidade á iniciativa que se tivo o ano pasado e que deu como resultado o 5º posto na fase final do campionato do 2011. Con iso pódese inscribir ao equipo no Campionato de Europa de Clubes de 2012 que se vai celebrar en Compiègne (Francia).


Polo bo resultado, os arqueiros e a directiva do Sílex, volven a inscribir o equipo na competición estatal. Formarán neste os mesmos cinco integrantes do 2011: Miguel Alvariño, Jacobo Barro, Xaquín Mira, Adriano Romero e Carlos Iván Romero. O campionato desenrólase en dúas fases, unha primeira clasificatoria que consta de dúas competicións (GPE Cidade Boadilla del Monte eGPE Cidade de Lleida) e unha fase final do campionato que se celebra en Lleida entre os 16 mellores equipos da primeira fase.
Desprazaranse tres arqueiros a disputar o primeiro G.P.E. e coa intención de deixar ao Sílex nunha posición cómoda dentro da clasificatoria. Ditos arqueiros son Xaquín Mira, Miguel Alvariño e Carlos Iván Romero que viaxarán acompañados por Manuel Buitrón, presidente e entrenador do Clube Sílex.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios