3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): CONCELLO DE TRABADA – O ESTEO FS (3-4)

153

Escudo-O-Esteo.jpgSufrida vitoria do Esteo na súa visita a Trabada, nun partido que dominou máis, pero que non soubo aproveitar as boas ocasións de gol, sobre todo na segunda parte o que lle suporía distanciarse no marcador. No primeiro tempo o xogo estivo máis igualado con moito respecto por parte dos dous equipos. No minuto tres Mario adiantaba ós locais e no once Pellón, de falta directa, lograba o empate e tres minutos despois Bolly, nunha gran xogada, conseguía o segundo para os ponteses, resultado co que se chegou ó descanso. Na segunda parte o cadro pontés saíu a por todas e creou moitas ocasións para marcar. Sen embargo sería o Trabada quen lograba o empate de falta por obra de Mario. A saque de esquina, Fran establecía de novo a vantaxe para os ponteses e a dous minutos para o final Vijande conseguía empatar para o seu equipo. O Esteo arriscou máis nos minutos finais na procura dos tres puntos, que logrou Bolly a un minuto do final establecendo o 3-4 definitivo. Un resultado que lle permite ós ponteses continuar na segunda praza tras o líder Bembrive, que nesta xornada goleou ó Vilamartín en Vigo.


CONCELLO TRABADA: Maelo, Bruno, Mario, Víctor, Xoel –cinco inicial- Vijande, Adrián, Juchi e Javi.
O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Gerveno, Bolly, Chavo, Choto e Pelu.
ÁRBITROS: Trebolle González e Castro Bermúdez, de Lugo. Amoestaron a Victor, Adrián, Bruno, Bolly e Choto.
GOLES: Min. 3 (1-0), Mario. Min. 11 (1-1), Pellón. Min. 14 (1-2), Bolly. Min. 26 (2-2), Mario. Min. 30 (2-3), Fran. Min. 38 (3-3), Vijande. Min. 39 (3-4), Bolly.
INCIDENCIAS: Partido da oitava xornada da fase de ascenso a Segunda División B disputado no pavillón municipal de Trabada ante medio cento de espectadores.
MAÑÁ MARTES, 1 DE MAIO (9ª xornada)
O ESTEO F.S. – C.D. RECECENDE F.S.
Pavillón Municipal da Fraga (18:30)
OUTROS RESULTADOS (8ª xornada)
M. Bembrive – Vilamartín (8-3)
AD Bueu – Ribeira de Piquin (2-5)
Rececende – Pazos de Borbén (1-4)
CLASIFICACIÓN (ptos.)
1º M. Bembrive (20)
2º O Esteo FS (16)
3º Ribeira de Piquin (12)
4º Vilamartín (12)
5º CD Rececende (10)
6º Pazos de Borbén (9)
7º AD Bueu (7)
8º Trabada (5)
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios