Miguel Alvariño remata o GPE Cidade de Boadilla del Monte na 5ª posición da clasificación absoluta

31

Na primeira xornada do Gran Premio de España que se celebrou en Boadilla del Monte (Madrid) a climatoloxía non foi a máis axeitada para o tiro con arco sufrindo tódolos deportista a choiva, o vento e o frío durante a mañá. Baixo estas condicións Miguel Alvariño foi o referente do equipo do Clube Sílex cunha boa actuación no round clasificatorio (593 puntos) conseguindo así a 11ª posición no round de categoría Xuvenil de arco recurvo, e pasar ás tandas eliminatorias de Dezaseisavos de Final no posto 25º. Na primeira eliminatoria tivo que se enfrontar a Andrés Gómez (arqueiro xienense adestrado por Hyuong Mok Cho na residencia de alto rendemento Juaquín Blume). O primeiro dos sets levouno Andrés, pero nos tres seguintes foi Miguel quen fixo as mellores puntuacións, acabando por levar a eliminatoria 6-2 o arqueiro pontés.
silex_001.jpg


O domingo comeza a xornada coa tanda de eliminatorias de Oitavos de Final na que tivo enfronte a Alejandro Gómez da federación madrileña (9º posto no round absoluto) quen non foi capaz de poñer contra as cordas a Miguel que gañou 6-0 a eliminatoria. O seguinte paso, xa en Cuartos de Final, foi competir co arqueiro primeiro clasificado no round xuvenil e absoluto Juan Ignacio Rodríguez (membro do Equipo Nacional Español e quen tamén adestra na residencia Blume con Hyuong Mok).
Foi unha eliminatoria moi reñida, xa que Juan púxose cun 4-0 ao seu favor que o deixaba a un so set de pasar a semifinais. Pero Miguel soubo sacar confianza e remontou a eliminatoria ata alcanzar ao seu contrincante. No último set o madrileño fixo gala da súa experiencia en competición cun 29 ao que Miguel respondeu con 10, 9 e un 6 que o deixou fora da competición. Con todo isto este xuvenil de primeiro ano acadou o 5º posto absoluto na categoría de Arco Recurvo Homes, poñendo outra pedra no camiño para chegar ben lonxe neste deporte.
Dos outros compoñentes do Sílex, Xaquín Mira tirou o necesario para que o equipo poida ter opcións de clasificarse para a fase final do Campionato de España de Clubes no GPE Cidade de Lleida.
Carlos Iván Romero, non cegando a un nivel moi aceptable, sumou 536 puntos para o equipo quedando no posto 41º da clasificación de Arco Recurvo Sénior. Con isto o resultado final non é todo o desexable pois o Clube Sílex sitúase no posto 19º a 452 puntos do corte para acceder á fase final.
silex_002.jpg
silex_003.jpg
silex_004.jpg
silex_005.jpg
Nova cortesía Club Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios