COPA GALEGA FEMININA: CD AS PONTES 0 CD PORTOSÍN 3

67

O equipo feminino de Salido caeu eliminado polo Portosín, que venceu por 0-3, sumado ó 4-0 da ida.
O equipo da costa quedou oitavo clasificado na Preferente Autonómica, e ten un gran plantel, con catro xogadoras nas diferentes seleccións galegas femininas. Angela Nogueira, que coincidiu con Yaiza e Paty, Laura Lema, Belén Fernández, e a dianteira Inés Vázquez, que tamén coincidiu coas dúas futbolistas azuis anque nesta eliminatoria non xogou ningún dos dous encontros. De entre elas a dianteira santiaguesa Belén Fernández (foto) tamén adestrou coa selección española sub16.
O cadro de Salido xa fixera o máis importante, pasar á fase final, e anque como ven sendo tónica habitual na tempada, tiña baixas significativas como Carlota, Lara ou Yaiza, polo menos recuperou a Lau para darlle algo de oxíxeno ó ataque pontés.
E ó igual que no encontro de ida no que a maioría dos minutos transcorreu con 1-0 ata que as visitantes ampliaron o marcador nos últimos minutos, no primeiro tempo mantívose o empate a 0-0, e incluso tivo mellores ocasións o cadro azul.
Pero no segundo tempo impúxose a maior condición física e mellor toque de balón do cadro visitante e en apenas dez minutos sentenciaron o encontro e a eliminatoria, senon estaba xa sentenciada. Belén marcou dous, un de penalti (51´), e outro de tiro cruzado tras desmarcarse (59´). O terceiro foi un golazo de Vicky (62´) e incluso mandaron un tiro ó longueiro.
Por parte local houbo ocasións para maquillar o resultado hacia o final pero non se moveu e o Portosín enfrontarase case con toda seguridade en oitavos de final ó Xuventu Aguiño de Ribeira, que foi o clube onde debutou Verónica Boquete.
feminino_001.jpg


CD As Pontes. Leti, Mireia (Candela 82´), Andrea, Jani, Silvia, Lau (Patri Rochela 78´), Lía (Laura Permuy 61´), Alba Barro, Noelia, Alba Romero (Chipy 78´), Carla (Clara 61´).
CD Portosín. Noelia, Raquel, Judith, Rebeca, Laura, Lorena, Sara, Vicky, Angy, Julia, Belén.
Goles: 0-1, Belén (51´), de penalti, 0-2, Belén (59´), 0-3, Vicky, (62´).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns 50 espectadores en tarde chuviosa e encapotada.
Partido correspondente á volta dos dezaseisavos de final da Copa Galega.
Árbitro: Rodríguez Dopico (Ferrol).
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios