SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 0 CEDEIRA SD 1

55

Derrota un tanto inxusta do segundo equipo pontés ante o Cedeira, que se está xogando o primeiro posto co Meirás que de momento e a falta de unha xornada gáñalle a partida 79-77.
Incluso xogou mellor o As Pontes e tivo mellores ocasións pero un gol a falta de 5 minutos deu os tres puntos ós visitantes. Os ponteses reclamaron un penalti por man dun defensa branquinegro dentro da área.
De todas formas ós azuis veulles ben que os rivais directos non gañaran e mantén a sexta praza pola cola e asegurase que por detrás del haberá un mínimo de catro equipos. As Pontes 33, Galicia Mugardos 33, Rápido de Neda 30, Barallobre e Narón 29 e Valdoviño 15. Aínda empatando a 33 puntos con Mugardos ou Neda, ou cos dous á vez, gañalles no goal average, pero por si acaso mellor gañar ó San Sadurniño que non se xoga nada na última xornada e quedar o máis arriba posible.
segunda_001.jpg


Xogaron polo cadro de Iván Rodríguez, Alex, Palas, Fernando, Fran, Carlos, Moya (Xabi Pellón), Guille, Hugo Cascudo, Borja (Marcos Novo), Púas e Hugo Gegundez (Dani Villar). Tres do equipo xuvenil no cadro azul.
Deuse a anécdota de que o encontro acabou cando o de Terceira xa se estaba xogando, estando programado para as 4 da tarde, o colexiado pensou que o horario era outro e comezou media hora máis tarde.
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios