Nota de prensa BNG: O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO GALEGO SOBRE A DATA DE APERTURA DO CENTRO DE DÍA DE AS PONTES

28

Esta instalación, que custou máis de 2,5 millóns de euros, está rematada dende o ano 2010 e aínda se descoñece a súa data de apertura.
As Pontes, 12 de maio de 2012.- O deputado do BNG, Fernando Branco Parga, vén de rexistrar varias iniciativas parlamentares (axuntamos a pregunta PDF), para coñecer cal é a data prevista de apertura e posta en servizo do Centro de Día de As Pontes.
Este Centro de Día, con capacidade para 30 persoas, foi adxudicado polo Goberno Bipartito no ano 2007, cun investimento previsto de 2.625.324 euros en tres anualidades, e con data de remate a finais do ano 2009.
Por este motivo, en diversas ocasións o Grupo Parlamentar do BNG preguntou sobre este tema e o Goberno de Feijóo foi variando as posíbeis datas de apertura; nunha primeira resposta fixouna en xuño de 2011 e posteriormente anunciou que sería no último trimestre de 2011, porén, o Centro sigue pechado e, pola contra, hai persoas de As Pontes que acoden diariamente ao Centro de Día de San Sadurniño.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios