Nota de prensa BNG: O PP IMPIDE APROBAR UNHA PROPOSTA DO BNG PARA ESIXIR QUE O GOBERNO DO ESTADO CUMPRA CO PLAN DO CARBÓN

67

No votación da iniciativa nacionalista, o PP votou en contra da súa propia emenda de substitución
Santiago de Compostela, 11 de maio , 2012. Os votos en contra do PP impediron que prosperara, hoxe en comisión parlamentaria, unha Proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Fernando Branco Parga para o “cumprimento integro”, por parte do Goberno do Estado, do denominado Plan do Carbón.


O PP vota en contra da súa propia emenda
O Partido popular que, presentou unha emenda de substitución ao texto nacionalista, votou en contra da súa propia emenda cando o deputado do BNG afirmou que era “unha copia exacta” da resolución , agás nos termos “Galiza e nación” modificados no texto do PP por “Galicia e Comunidade”.
Branco Parga asegurou que na historia do Parlamento galego nunca se producira unha situación semellante, “nos meus anos de deputado é a primeira vez que comprobo que o PP fusila un texto completo duna resolución do BNG cambiando exclusivamente os termos Galiza e Nación”, ironizou.
O deputado afirmou que o PP non lee nin sequera os seus propios textos e cualificou o acontecido de “ridículo parlamentar” e “espectáculo lamentable”.
Na súa intervención, Branco Parga aludiu ao proxecto de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2012 que reflicte “unha diminución das achegas económicas para o Instituto que xestiona o Plan do Carbón”.
Por outra parte, tamén se referiu ao recorte de “289 millóns a 101” no capítulo de infraestruturas así como nos investimentos empresariais que de 120 millóns, finalmente quedarán reducidos en 39.
Para o deputado do BNG, estas importantes rebaixas nun Plan que dispuxo no ano 2011 de 1.078 millóns e no 2012 con 635, afectarán “moi negativamente as actuacións previstas polo Plan do Carbón en Galiza”.
Branco Parga lamentou o voto contrario do PP a unha proposta destinada a desenvolver “na súa integridade” o Plan e criticou a non execución de 60 millóns en infraestruturas asignadas a Galiza no Plan do Carbón mentres o Presidente da Xunta, dixo, “anuncia a creación da Axencia tributaria para aforrar 20 millóns de euros”.
——————————————————
D. Francisco da Silva Vello, na súa condición de portavoz do Grupo Político Municipal do BNG no Concello das Pontes, e na súa representación, presenta a seguinte
MOCIÓN NA DEFENSA DOS DEREITOS DAS PONTES NO PLAN DO CARBÓN 2006-2012.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para este ano 2012 minóranse as achegas económicas que viña recibindo o Instituto para a Reestructuración da Minaría do Carbón, instituto que xestiona o denominado Plan do Carbón.
No capítulo de infraestruturas pásase de 289 M€ do ano 2011 a 101 M€ este ano.
Para axudas a investimentos empresariais, cando no ano 2011 había 120 M€ neste ano quedan en 39 M€.
Igualmente, a partida para a formación queda en 2 M€, cando o ano 2011 tivo 25 M€.
No seu conxunto, este Plan, que dispuxo no ano 2011 de 1.078 M€, agora queda no ano 2012 con 656 M€, é dicir un 39% menos.
Loxicamente, esta importante baixa pode afectar a actuacións concretas que debería desenvolver a aplicación deste Plan en Galiza, e, nomeadamente, nas Pontes.
Por iso, solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Esixir do Goberno do Estado:
1. o cumprimento íntegro do denominado Plan do Carbón;
2. a sinatura de todos os convenios pendentes co Concello das Pontes.
As Pontes, 11 de maio de 2012
O PORTAVOZ DO G.P.M. DO BNG
Asdo.: Francisco da Silva Vello

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios