HOXE FAI CINCO ANOS…, por Xose Ferreiro

64

… Pois si, foi un domingo 13 de Maio de 2007, o día no que un futbolista de As Pontes, David Rochela Calvo (19-02-1990), sorprendía a propios e extraños e conseguía o que durante moitos anos nos pareceu unha quimera, ser Campión de Europa coa selección española de fútbol. Uns meses máis adiante, concretamemente o 9 de Setembro conseguía outro logro quizáis moito máis importante, e máis nas condicións de dificultade e inferioridade física coa que o afrontaban, o subcampionato do Mundo tras perder a penaltis en Corea coa impoñente selección nixeriana. Como este tipo de proezas non deben caer no olvido, e aproveitando a celebración do lustro, fixemos uso da nosa amizade, abusando da afabilidade e paciencia de David para facer esta modesta entrevista-reportaxe que agardemos que lles guste. Hoxe ás 19:26, ou 19:27 deberíamos estar descorchando unha botella de champán, pero, coincidencias do destino, o equipo pontés estarase xogando a permanencia en Carballo contra o Bergantiños, asi que seriedade, prudencia, moderación e respeto. Sen embargo, sirvan estas liñas como recordatorio para un logro que quedará marcado para sempre, como tantos outros, en letras de ouro na historia do deporte pontés.
David Rochela


Ola David, moitísimas gracias por estos minutos, ¿como te iniciaches no mundo do fútbol?, e ¿a que idade te enrolaches no por entonces daquela Endesa de As Pontes?. Teño entendido que como daquela non había prebenxamíns, nin benxamíns, tiveches que agardar varios anos para debutar.
Ola, gracias a ti, pois comecei no Endesa sobre os 6 anos, pero non foi ata os 8 cando me fixeron ficha de alevín sendo aínda benxamín por idade. Aínda recordo como si fora hoxe o día en que me dixo miña nai si quería ir a xogar a fútbol no Endesa de As Pontes.
E ¿que valoración fas do teu paso polas categorías inferiores do As Pontes, e a impronta que deixou en ti o clube e adestradores a nivel de experiencia e formación vital neses primeiros anos?
Pois é unha valoración moi boa. Teño un grandísimo recordo de toda a xente coa que tratei e sigo tratando hoxe en día. Futbolísticamente aprendín moito pero sobre todo aprendín moitísimo do que significan valores como o compañeirismo, respeto, compromiso…
Formabas parte de unha xeneración gloriosa, xunto a Carballeira, selección española sub15, Vilasuso, selección galega, e tantos outros. Gañachedes unha Liga e dúas Copas de Ferrol, en unha precisamente goleando na final 0-7 ó Narón BP de Juan Domínguez, teu actual compañeiro no Deportivo, ¿que me podes dicir das túas tempadas xogando no equipo azul e como viviches eses títulos tan novo?
Foron catro temporadas moi boas. Os 3 anos que xoguei en alevíns loitamos tanto pola Liga como pola Copa. E o ano de infantil loitamos por non descender da Liga Galega polo que aprendimos de tódalas situacións. Logo xa me fun para o Deportivo. Como che dixen, o meu debut foi en idade benxamín aínda que tiña ficha co equipo alevín. Recordo que foi en Cedeira, o equipo estaba empatado a 1-1 no descanso e saín de lateral dereito. Foi unha sensacion moi bonita porque levaba moito tempo adestrando sen poder xogar partidos oficiais. Conseguimos gañar ese partido por 1-3. Ese mesmo ano, 2000, chegamos á final da Copa, pero perdemos co Eume Deportivo a penaltis fallando os 3 que lanzamos. Ó ano seguinte conseguimos sacarnos a espiña que tiñamos e gañamos a final contra o Rápido de Neda por 4 a 0. No meu último ano de alevín, 2002, xogamos a final contra o Narón de Juan Domínguez. Foi unha final que xogamos maravillosamente ben e conseguimos gañarlles por 7-0. De cando en vez recordollo. Ata metín un gol de falta e todo (risas).
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
¿En quen te fixabas neses primeiros anos ou aínda eras moi novo?
Pois eu crecín vendo todos os partidos do meu irmán, polo que para min era, e sigue sendo, todo un referente.
David Rochela
E o teu primeiro gran salto, chámate o Deportivo con 13 anos, ¿que contas dos teus primeiros difíciles anos alí?, ¿como era a túa vida? ¿Cales son os teus mellores recordos nas categorías inferiores do cadro branquiazul?
O peor de ese ano foi marchar de As Pontes, non o pasei demasiado ben nese sentido. Por sorte todo o mundo me tratou xenial, tanto no Deportivo como no Liceo La Paz, polo que a adaptación foi máis fácil. Facía a vida na residencia do Liceo e collíamos o bus para ir a adestrar. Quizáis o mellor recordo foi a Liga Xuvenil de Division de Honra que gañamos casualmente no campo do Celta. E tamén xogar o Campionato de España por equipos.
Resumeme un pouco brevemente cal foi a túa participación coa selección galega, torneos e triunfos máis importantes.
Por sorte sempre contei para os seleccionadores galegos e xa estando no As Pontes fun convocado para o Campionato de España de Fútbol 7 Alevín. O Campionato foi en Cádiz no 2002. Foi a miña primeira experiencia a este nivel e foi fantástica. No 2005, coa galega sub15 fomos xogar un torneo a Portugal e quedamos de segundos e ese mismo ano tamén xoguei na sub16. No ano seguinte, 2006, estiven coa selección galega sub 16 pero tamén me convocaron para a segunda fase do Campionato de España coa galega sub18, aínda tendo dous anos menos. En 2007 e 2008 repetín coa sub 18, e neste último ano chegamos a semifinais do Campionato de España que por riba se xogaron na Coruña, anque eu por lesión non puiden xogar, e ademáis perdemos nos penaltis contra Canarias.
David Rochela
David Rochela
Efectivamente, no título que logo gañou Murcia 1-0, fuches chamado varias veces pola selección galega como ti dis, pero chega o 3 de Xaneiro de 2005, e a túa primeira convocatoria coa selección española sub15, como lles aconteceu ós tamén ponteses, Xoel González (1997), Adrián López (2002) e Dani Carballeira (2005) ¿como o viviches?, ¿que se sinte ó vestir a camisola da selección española? e ¿que me podes contar da túa estancia en Las Rozas eses días?
Foi toda unha sorpresa. Nunca na miña vida se me pasara pola cabeza pensar en chegar a ir simplemente a un adestramento coa selección española. E nunca entenderei demasiado ben que facía un rapaz de As Pontes en Madrid adestrando cos mellores xogadores de España. Foron 3 días fantásticos. Ó principio sempre estás con incertidume por saber que vai a pasar, pero realmente eramos rapaces que disfrutabamos moito xogando ó futbol.
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
Na federación española proban a moitos rapaces durante dous anos, pero o primeiro debut oficial non acontece ata que un chega a categoría de sub17 nos Campionatos de Europa. España queda exenta da primeira fase de clasificación por ser o país europeo con mellor coeficiente de canteira, e convocante para a segunda fase, a desputar en Almuñecar, comeza o serio, gañades a Suiza (1-0), Suecia (3-1) e Polonia (1-0) e clasificadesvos para a fase final. Comezaches de suplente de Arroyo (R.Madrid) e Atienza (A.Madrid), pero nos seguintes dous partidos afianzaste como titular. ¿Como valoras esa experiencia, ese debut oficial coa selección e esa clasificación para a ronda final?
Teño un recordo moi bo. Cando chegamos á fase de clasificación non contaba ser titular nin moito menos. Eu quería disfrutar a experiencia e si se daba a opción de xogar, intentar aproveitala. No primeiro partido non xoguei pero os dous seguintes si e as cousas saíron bastante ben. Clasificamonos para a ronda final asi que saiu todo perfecto. Xogar coa selección española é unha sensación indescriptible, tanto pola importancia deses partidos como por todo o que representas. Pensar que estás representando a España é toda unha honra.
Chega a fase final, e por mor dos sorteos “peculiares” que fai a UEFA, caedes no grupo da “morte” con Francia e Alemaña, pero gañades ós franceses (2-0), Ucraina (3-1) e xa casi clasificados empatades con Alemaña (0-0), o que elimina ós bávaros que perderan anteriormente con Francia (2-1). Ademáis xogaches todos os minutos neses 3 partidos a un gran nivel. ¿Que contas? ¿Como viviches eses partidos? ¿Cal foi o dianteiro que máis che fixo traballar? ¿Que che pareceu a localidade belga de Gante?
Recordo que no partido contra Francia, estando no túnel dos vestiarios, eles comenzaron a saír e puxeronse o noso lado para desfilar os dous equipos xuntos. Recordo que eran xogadores que físicamente xa estaban moi formados e sorprendemonos bastante. A ese nivel todos os xogadores teñen moita calidade, pero tanto Toni Kroos (Alemaña), o actual xogador titular do Bayern de Munich, como Damien Le Tallec (Francia) fixeronnos traballar moitísimo. E Gante pareceume moi bonito, dos mellores lugares que visitei como futbolista.
Chegan as semifinais, contra Bélxica, e ahí aparece o tan temido Adn español, faime gracia, porque a xente sempre se queda con que España é o país que máis títulos de canteira gañou, pero os que seguimos este tipo de torneos ó milímetro sabemos que por desgracia non son nin a metade dos que se merecerían por calidade sen dúbida. Seis meses antes nun torneo no que ti non estiveches goleades a Bélxica 1-6, pero ese día estades irrecoñecibles, expulsan a Atienza, adiantase Bélxica co fenómeno Hazard, e cando todo parece perdido Bojan saca un golazo da chisteira que conleva a prórroga. Cun xogador menos e co equipo deslabazado, os belgas marcan dous goles no tempo extra que por sorte o colexiado anulaos ben anulados. Milagrosamente chegase ós penaltis, pero Ander falla o primeiro, seguides a remolque, e anque ti marcas o cuarto, si os belgas marcan o quinto, pasan, mandano ás nubes, e tras dezaseis penaltis e con unha parada de De Gea, chegades á final. ¿Que opinas do éxtasis da celebración?, ¿como viviches ese partido e a quen lle adicaches o teu gol?
Pois foi incrible a celebración. O partido estaba moi costa arriba e apareceu Bojan. Cando meteu o gol, tiñamos a convicción de que podiamos gañar, xa que nos penaltis De Gea é moi forte. O meu gol de penalti iba dedicado a miña familia, aínda que meu pai xa estaba no campo vendo o partido.
E á hora de tirar o penalti, ¿estabas nervioso? ¿como viviches esa tanda, e as outras dúas contra Francia e Nixeria no Mundial?
Recordo que Santiesteban e Ginés estaban mirando antes dos penaltis ós posibles tiradores. Tiñan 4 tiradores seguros e faltaba un. Eu dixenlle a Ginés que estaba preparado para tiralo e él quedouse mirando para min como sorprendido. Menos mal que estaba Bojan ó meu lado e díxolle que os tiraba ben. Cando me tocou tiralo ía con moita confianza en que acabaría dentro, como asi foi. As tandas de penaltis sufrense moito, sabes que por moito que os prepares nos adestramentos despois é unha lotería. Por outra banda, tiñamos especialistas tanto lanzando como para paralos, polo que íamos con máis tranquilidade.
E chega o día da final, ese día xogades moi ben, e merecedes gañar ben, pero os ingleses teñen moito perigo, Bojan marca no segundo tempo e anulanlle un gol mal anulado, con 1-0 sufrense moito as perigosas embestidas inglesas, pero cando pasan 5 minutos do tempo de desconto o colexiado serbio Dejan Filipovic agarra o seu silbato e pita o final do partido. Domingo 13 de Maio de 2007, 19:26 ou 19:27, Rochela e España sub17 Campeones de Europa. ¿Que me podes dicir dese momento único? ¿Como se sinte un por dentro? ¿Mereceu a pena tanto esforzo e sacrificio? ¿De quen te acordas nese instante?
Na final contra Inglaterra tiñamos claro que o seu maior perigo era Victor Moses, o actual compañeiro de Adrián López no Wigan Athletic. Se queríamos gañar tiñamos que conseguir que non entrara en xogo, como así fixemos. Unha vez concluido o encontro momentos como esos recompensan calquer tipo de sacrificio e esforzo. Dende o primeiro adestramento en As Pontes ata o ultimo tivo a súa recompensa nese preciso instante. Sabíamos que tiñamos un equipo forte, que podíamos gañarlle a calquera, foi unha sensacion única. Era un triunfo sobre todo da miña familia, amigos, e de toda a xente que fixo posible que eu chegara ata aquí e das persoas que sempre se acordaron de min.
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
Confesoche, anque ti xa o sabes, que moito se fala do gol de Iniesta no Mundial, que tampouco estivo nada mal eh (risas), pero para min ese día foi o máximo. Como premio clasificadesvos para o Mundial Sub17 a desputar en Corea do Sur tres meses e medio despois, na primeira fase gañades a Honduras (4-2), Siria (2-1) e empatades con Arxentina (1-1), ese día Santisteban dalle descanso a Camacho e ti eres o capitán do equipo ¿Que supón para ti ese momento, Capitán da selección española?
Creo que ser capitán en calquer equipo é unha responsabilidade moi grande, pero quere dicir que o grupo confía en ti. O día que me dixeron que era o segundo capitán non acababa de creelo, pero verte no campo, co brazalete mentras sona o himno é unha sensación indescriptible.
En oitavos de final gañades 3-0 a Corea do Norte, e en cuartos de final vencedes agónicamente a Francia nos penaltis nun partido con moito calor, ¿que vos pasou nese día no que os franceses semellaban ter outra velocidades máis?, e gracias a que ti e o outro central Sergio, máis De Gea, estivechedes fantásticos, e salvachedes a papeleta.
Recordo que tanto o partido de Arxentina como o de Francia, as condicións climatolóxicas non eran demasiado favorables para nós. Facía moito calor e a humidade era moi alta. O día de Francia non saímos ben, eles adaptaronse mellor, tiñan bandas e xente moi rápida polo que nos fixeron bastante dano. Por sorte, ese día De Gea estivo inspirado e salvounos de perder claramente.
En semifinais gañades a Ghana na prórroga (2-1) e na final perdedes a penaltis contra Nixeria, que logra o título, é o de menos, supoñendo que todos os xogadores dos dous equipos africanos tiveran 17 anos, que é moito supoñer (risas) ¿Como conseguichedes aguantar e darlle vida ós partidos contra eses dous rivais porque dende fora semellaba que xogaban homes contra nenos e que os encontros acabarían 4-0 ou 5-0? Sen dúbida fixeches un Mundial envidiable no que xogaches todos os minutos, pero so por ese valor nestes dous partidos para min xa merecías ser Campión do Mundo. ¿Que recordo gardas destes dous partidos e sobre todo da final? e ¿que foi o que máis traballo che custou frear do equipo rival en eses encontros?
Cando chegamos ás semifinais e coñecimos o noso rival, Ghana, sabiamos que seria un partido moi duro. Fisicamente eramos moi inferiores pero quizáis tanto táctica, como técnicamente eramos algo superiores. Xa viramos algún partido deles e sabíamos que o partido se ía decidir en pequenos detalles e así foi. Unha estratexia nun córner na prórroga meteunos na final do Mundial. O peor da semifinal foi que expulsaron a Bojan, polo que a clasificación non foi de todo grata, xa que era un puntal para nós, e foi bastante inxusto. Con Nixeria na final máis do mesmo, fisicamente eran superiores, eran moi fortes, non había ningunha dúbida. Fíxate como sería a cousa que houbo unha xogada que sen querer lle peguei unha patada ó seu dianteiro, eu preocupeime porque pensei que lle rompera o pé, e resulta que el nin se deu de conta (risas). Sabíamos que se pretendíamos xogar un contra un non conseguiriamos o noso obxetivo, polo que creo que o equipo tanto na semifinal como na final deu unha demostración de axudas e compañeirismo no campo admirable, e non puido ser, perdemos por penaltis, pero non hai nada que obxectar, fomos o segundo mellor equipo do mundo xogando contra rivais incribles.
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
Xa dous anos máis tarde, sendo sub19, tamén xogas a Fase Final do Europeo sub19 Ucraina 2009, pero alí, a pesar de ter un equipazo, aínda sen contar con Bojan, e despois de eliminar a Alemania na fase de clasificación, gañades 2-1 a Turquía, pero sorprendentemente perdedes con Serbia (1-2), que chegou 2 veces e meteu 2 goles, mentres que vosoutros incluso podíades haber goleado no primeiro tempo, e logo xa a cara ou cruz, Francia tomase a vinganza das dúas derrotas sub17 anteriores, aproveita a importancia do físico nun torneo veraniego, e clasifícase para semifinais gañando 0-1 nun partido no que mereceron gañar ben. Para colmo de males, o torneo é conquistado polo anfitrión Ucraina, un equipo ó que vosoutros lle gañarades meses antes 0-3 e sen despeinarvos, ¿Que opinas da experiencia dese torneo do que fuches do pouco salvable da selección e no que ademáis compartiches equipo con grandes figuras?
Creo que non chegamos demasiado ben fisicamente a diferencia de dous anos antes. Os xogadores non estabamos en competición, pois era finais de xullo, e esas cousas notanse. Foi unha pena porque nos conseguimos clasificar de maneira moi meritoria para o torneo gañando a unha das favoritas, Alemania. Coincidín, entre outros, tanto con Thiago como con Canales, dous grandísimos xogadores que non necesitan ningún tipo de presentación.
David Rochela
David Rochela
¿A día de hoxe mantés contacto cos teus ex compañeiros de selección? ¿Con cales te levas máis senon é moita indiscrección?
Hoxe en día con internet é todo moi fácil. Manteño trato con moitos e sempre da gusto atoparte con eles polos campos. Pulido, Bojan, Fran Mérida, De Gea …
A todo esto, ¿que opinas de Don Juan Santisteban?, un home moi admirado e respetado por tanta xente, entre eles o que aquí escribe, e ó que se bota moito de menos na dirección da selección española sub17.
É unha persoa fantástica, sempre axudando, intentando inculcar coñecementos fóra e dentro do campo. Con moitas experiencias vividas durante a súa dilatada carreira, xa que entre outras cousas foi 5 veces Campión de Europa co Real Madrid, como ben sabes.
David Rochela
Unha pregunta moi seria David, o CD As Pontes, e o teu irmán, crees que se salvarán?
Este ano vin moitos partidos do As Pontes e creo que se van a salvar. Creo que o fútbol acabará facendo xustiza.
Ogallá, e vamos con outro tema que me poño nervioso, David, dos dezaoito compañeiros cos que quedaches campión de Europa tan so De Gea triunfa no Manchester United e Bojan na Roma, o resto estades desperdigados entre 1ª, 2ª, 2ªB e incluso un en 3ª, e en xeral con pouco protagonismo. ¿Crees que é unha xeneración perdida, como moitas outras anteriores, ou aínda estades a tempo xa que sodes moi novos? ¿Por que vos costa tanto chegar?
Non creo que sexa unha xeneración perdida pero demostra que chegar ó máximo nivel no fútbol é moi complicado. Non so depende do xogador, das súas características e o seu traballo, senon que hai moitos máis factores que inflúen.
O FC Barcelona, Valencia, Sevilla, Arsenal e varios equipos alemáns, entre outros, preguntaron por ti, pero sen embargo Rochela pasou de puntillas para Lotina e Oltra, que sempre falaron maravillas pero nunca arriscaron contigo, ¿que viron os olleadores destes equipos que non viran os teus adestradores? ¿Porque tes tanta paciencia espartana co Deportivo tendo tan apetecibles ofertas? e, ós teus 22 anos, ¿para cando Rochela?
No Deportivo sempre me trataron moi ben, estou moi contento aquí e quizáis por iso nunca lle din demasiada importancia a todo iso.
¿Como ves ó teu equipo, o Deportivo, esta tempada? ¿Crees que ascenderedes? e ¿quenes crees que serán os dous equipos que acompañarían?
Creo que estamos nunha posición moi privilexiada. O equipo está con boa dinámica, temos un gran grupo e unha afección incrible. É certo que non comezamos ben sembrando algunhas dúbidas pero creo que están totalmente disipadas. Se continuamos así, creo que temos todo de cara para ascender. Quizáis os equipos que máis fortes están agora mesmo son o Celta e o Valladolid. O que está claro é que nos play-off de ascenso podería pasar calquer cousa.
¿Que nos podes contar tamén dos teus debuts oficiais co primeiro equipo coruñés? ¿Para quen foron esas camisolas? (risas)
O meu debut foi en Copa, en Sevilla, gañando 0-1. Aínda que non conseguimos clasificarnos, habia moitos xogadores da canteira no campo, polo que demostramos que podíamos competir como calquera. En Liga o meu debut foi en Valencia, agridoce, xa que entrei ó campo porque Adrián Lopez, como sabes, paisano noso, e xogador do Endesa As Pontes moitos anos compañeiro de meu irmán, rompeu a clavícula nun lance con Villa. As dúas camisolas están moi ben gardadiñas na miña casa (risas).
Por certo, ¿que supuxo para ti xogar dúas veces contra o As Pontes e ese gol que nos marcaches na Divisón de Honra Xuvenil? (risas)
Foi unha sensacion moi extraña. Xogar contra os meus amigos cando estaba acostumado a xogar con eles, e sobre todo ir a xogar a As Pontes foi fantástico. Foi bastante casualidade o tema do gol, porque tampouco fixen moitos na miña vida. Menos mal que me estaba cubrindo un gran amigo meu, que senón, (risas), el sabe perfectamente quen é (risas).
David Rochela
David Rochela
David Rochela
(Risas) Futbolista de élite e brillante estudiante, o teu irmán, enxeñeiro informático, e ti cursando fisioterapia, senon é moita indiscrección ¿que tal o levas cos teus múltiples compromisos?
Pois continuo formándome, pero por tema de compatibilidade tiven que parar un pouquiño Fisioterapia. Este ano estou cursando Psicoloxía a distancia e estou moi contento.
Aquí vai una batería de preguntas curtas, David.
Un gol
O gol contra o As Pontes (risas)
Un partido
Pois o España-Nixeria da final do Mundial sub17 e os dous As Pontes-Deportivo.
Un equipo
CD As Pontes, Deportivo da Coruña e FC Barcelona.
Un futbolista
Leo Messi
Un deportista
Michael Jordan
Unha película
Gladiator
Unha canción
“Quiero un camino”, de Melón Diesel
Un libro
El Psicoanalista, de John Katzenbach
Unha virtude
Pois son moi alegre
Un defecto, bueno, antes que nada, unha curiosidade, ¿realmente ti tes defectos? (risas)
Pois si, entre outros, que non son demasiado ordenado con algunhas cousas.
O teu mellor patrimonio
A miña familia, por suposto
Unha comida
A tortilla que fai miña nai
Que seguramente competiría co churrasco que fai a miña (risas). Unha bebida
Coca Cola
Un hobby
Ir ó cine
Un lugar maravilloso
As Pontes (risas)
(Risas) Un sitio para vivir
A Coruña (risas)
Vigo tampouco está nada mal (risas), pois dentro de outros 5 anos será o décimo aniversario e esperemos que xa esteas asentado no Deportivo e con moitos éxitos persoais, moitas gracias David, confesoche que nin no mellor dos meus soños me imaxinaba ver algún día a un futbolista de As Pontes ser Campión de Europa ou subcampión do Mundo, nin moito menos ser eu o privilexiado que fixera esta entrevista-reportaxe. Moitisímas gracias pola túa santa paciencia e pola túa maneira de ser, para os que te coñecemos.
Moitas gracias a ti Xose
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
David Rochela
18_campions_sub17_belxica_2007.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios