TERCEIRA DIVISIÓN: BERGANTIÑOS FC 2 CD AS PONTES 0

20

Triste derrota do equipo pontés para pechar a tempada, nun partido no que o equipo non estivo fino e o Bergantiños aproveitou á perfección as súas armas para garantir a permanencia. Moi tristes regresaron os preto de 200 afeccionados ponteses que acudiron a ver o encontro. Descenden matemáticamente Estradense, Areas, Lalín e Sanxenxo, e por arrastres Betanzos e As Pontes, si ascende un equipo galego a 2ªB salvanse os betanceiros, e si ascenden dous salvase o As Pontes, cousa pouco probable.
cdaspontes_001.jpg


Moi mal comezou o encontro pois tras unha aproximación de Cañizares, ós 3 minutos Ramón queda so diante de Simón e cun tiro rebotado que o meta non consigue atallar e se cola por riba pon o 1-0 cando os xogadores apenas saltaran ó campo.
De maravilla pra os de Carballo, un equipo moi defensivo, que aproveita os seus contragolpes, que nada máis comezar xa tiña o encontro do seu favor.
No 11´ aínda puido volver a marcar Iván Amor cando quedou so, e ata o 19´ non se viu outra aproximación do As Pontes nun cabezazo de Chote tras saque de córner que foi fora. Logo outras dúas aproximacións de Miguel e unha de Iván Amor, e antes de chgar ó descanso, tres faltas de Bossa, que hoxe, anque foi dos mellores, non tivo o seu día a balón parado.
O segundo tempo foi máis do mesmo, un Bergantiños moi defensivo, que ademáis perdeu moito tempo, coa aquiescencia do colexiado, o cal non influiu no resultado pois daba a sensación de que o As Pontes non conseguiría marcar nin anque se xogara un terceiro tempo, e sobre todo o partido por momentos recordou ó Barcelona-Chelsea, que se vía moito toque pero moi poucos tiros, e tendo en conta que era un campo reducido e de herba artificial, e o balón botaba por momentos como unha pelota saltarina, botouse moito de menos que se tirara máis a porta, e ademáis ó dianteiro centro non lle saiu nada.
Pero notabanse ós azuis moi nerviosos pola trascendencia do choque, e ós 50 Toja queda so, pero Simón salva milagrosamente nunha xogada que acabou con choque entre ambos xogadores.
O primeiro remate do As Pontes no segundo tempo foi no 56´ nun tiro cruzado de Chicho, apenas un minuto despois quizáis a ocasión máis perigosa dos azuis, tras un córner, peina Chote e o balón pasease pola área e sae a rentes do pau, logo nunha perigosa falta ó borde da área, Ramón tira e o balón bica a rede por fora (60´).
No 65´ chegou a sentencia definitiva noutro despiste defensivo, chegou so Pablo e tirou, rexeitou Simón e aínda veu outro xogador libre de marca dende atrás, Iván Amor, que anota de tiro cruzado o 2-0.
A partir de ahí foi un quero e non podo do As Pontes que sufría moito nas contras nas que semellaba que estaba máis cercano o 3-0 antes que o 2-1. Ramón casi marca un gol olímpico desviado a córner por Simón no 77´ e destacar un tiro cruzado de Pablo no 88´.
O encontro xa non deu para máis, salvados Bergantiños con 45 e Negreira con 44, descenden por arrastre de Montañeros e Celta B, Betanzos con 42 e As Pontes con 41, e gracias ó empate de un Vilalonga que non se xogaba nada ante o Estradense, descenden directamente Estradense 41, que ten peor goal average que os azuis, Areas 40, Lalín 39 e Sanxenxo 28.
O Betanzos e As Pontes quedan á espera do ascenso de un ou dous equipos galegos a 2ªB respectivamente ou algún “descenso económico”.
Bergantiños FC. David Yáñez, Alex Canedo, Sergio, Héctor, Miguel (Feáns 72´), Ramón, Pablo, Toja, Trovo, Julio Bayo, Iván Amor (Efrén 89´).
CD As Pontes. Simón, Rochela, Javi López, Dani, Chote, Esmorís (Kata 63´), Iván González (Pablo 79´), Chicho (David Amado 73´), Hugo Soto, Bossa, Cañizares.
Goles: 1-0, Ramón (3´). 2-0, Iván Amor (65´).
Árbitro: Borja Bilbao Vizcaíno (Lugo). Auxiliado por Coya Gómez e González Lazare. Amonestou a Alex Canedo, Sergio, Héctor, Julio Bayo, Iván Amor, Dani e Esmorís.
Campo e incidencias. Campo de As Eiroas. Máis de 600 espectadores en tarde soleada. Preto de 200 ponteses.
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios