3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): O ESTEO FS – PAZOS DE BORBÉN FS (5-1)

23

Vitoria do Esteo sobre o Pazos de Borbén, por 5-1, que lle permite achegarse a un punto do Bembrive, equipo que nesta xornada perdeu na casa do Bueu. En canto ó partido, sinalar que o dominio correspondeu ó conxunto das Pontes, pero enfronte tivo a un complicado cadro pontevedrés que non lle puxo as cousas fáciles ós ponteses, que anotaban o seu primeiro tanto ós dous minutos e medio de partido por medio de Rubi. Os dous equipos crean ocasións, máis os ponteses, os que a falta do catro minutos para o descanso logran o segundo, tamén obra de Rubi. Nada segunda parte o Pazos quere igualar o encontro sacando porteiro-xogador e Joni acurta diferenzas no marcador ós nove minutos. A arriscada táctica visitante propicia os contragolpes dos ponteses, creando ocasións de gol, da que logrou tres máis. Primeiro sería Pellón (min. 9) e nos instantes finais, Rubi volve a marcar por partida dobre co que se converteu en protagonista do encontro ó marcar catro dos cinco tantos do seu equipo.
Con este resultado e a derrota do Bembrive, o Esteo depende de si mesmo para lograr o ascenso nas catro xornadas que restan para o remate da competición. Recibirá na casa ó Vilamartín e Bueu mentres que viaxará a Ribeira de Piquin e a Vigo para enfrontarse ó Bembrive na penúltima xornada.
esteo_001.jpg


O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Pelu, Bolly, Anxo, Gerveno e Diego Pellón.
PAZOS DE BORBÉN: Esteban, Eloy, Joni, Lito e Jacobo –cinco inicial- Hugo, José e Biza.
ÁRBITROS: Pena Pereira e Martín Vez (Ferrol). Amoestaron ó visitante Lito.
GOLES: Min. 3 (1-0), Rubi. Min. 16 (2-0), Rubi. Min. 29 (2-1), Joni. Min. 30 (3-1), Pellón. Min. 39 (4-1), Rubi. Min. 39’52” (5-1), Rubi.
INCIDENCIAS: Partido da décima xornada da fase de ascenso a Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns douscentos espectadores nas gradas.
OUTROS RESULTADOS (10ª xornada)
AD Bueu – M. Bembrive (6-2)
C. Trabada – C. Vilamartín (2-4)
Rececende – Ribeira de Piquin (3-2)
CLASIFICACIÓN (ptos.)
1º M. Bembrive (23)
2º O Esteo FS (22)
3º C. Vilamartín (18)
4º CD Rececende (13)
5º Ribeira de Piquin (13)
6º AD Bueu (10)
7º Pazos de Borbén (9)
8º C. Trabada (6)
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios