RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

53

Despois de todos os avatares que tivo o equipo de Terceira División ó longo da tempada, semella que subirá o Ourense e salvarase o Betanzos, e alegrámonos por eles. Pero o que é o fútbol, despois de nove meses de competición e 38 sufridos partidos semella que o As Pontes vai ir para a Preferente, entre outras cousas, polo penalti imaxinario de Cangas, ou a dolorosa derrota tras innumerables ocasións, no Poboado, diante do Betanzos, equipo que manterá a categoría de lograr o ascenso o Ourense. Ascenso moi probable logo do seu triunfo por 1-3 en Llodio ante o Laudio. O As Pontes quedará á expectativa por se ascende outro dos tres equipos galegos, Alondras, Cerceda ou Pontevedra, equipos que o teñen un tanto complicado, xa que deben superar tres eliminatorias para subir á Segunda División B. O As Pontes igualmente pode salvarse de haber algún “descenso económico”.
O segundo equipo pontés venceu contundentemente 0-5 en Fene ante o Barallobre nos dezaseisavos de final do torneo da Copa de Afeccionados, goles de Fran Picos (3) e Carlos (2). Pasa a oitavos de final onde se volverá a enfrontar como visitante, desta vez ó Estrella, que este ano militou na Terceira Rexional, o domingo que vén .
O equipo xuvenil B perdeu na primeira rolda da Copa de Ferrol a partido único, 7-0 en Mugardos ante o Galicia. Pasan a cuartos de final o club mugardés ademais de Narón, Portuarios, Cariño, Miño, O Val, Galicia de Caranza B e Perlío, exento. As eliminatorias serán Gª Mugardos-Narón, Portuarios-Cariño, Miño-O Val e GªCaranza B-Perlío.
O equipo cadete xa xogou a Liga e a Copa de Ferrol, pero agora tócalles, para rematar a tempada, disputar a Copa Afaco, na que gañaron na primeira rolda ó San Sadurniño 2-1 (goles de Álex Fernández e Rooney). En semifinais enfrontaranse ós perigosísimos Narón ou O Val en campo naronés.
cadete_001.jpg


cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
Quen non puido clasificarse foi o infantil. O equipo de Iván Rodríguez tamén rematou a Liga e a Copa, pero esta fin de semana disputou a Copa Afaco e nela enfrontouse na primeira rolda nun triangular a Narón B e Perlío, con empate ante os naroneses 1-1 (gol de Ayrton) e derrota ante os de Fene (2-0), sendo o Perlío o clasificado para as semifinais tras empatar a un gol o seu encontro co Narón B.
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
CATEGORÍA BENXAMÍN
Na Copa Benxamín, ambos equipos quedaron derrotados na primeira fase.
O As Pontes A gañou 3-0 ó Galicia de Mugardos, pero perdeu con Miño (0-4) e Ánimas (0-3), pasando estes dous equipos a cuartos.
O As Pontes B gañou 2-0 ó Xuventude de Cabanas, empatou 0-0 co Ortigueira, pero perdeu con Caranza B (3-2) e con Caranza A (4-0), pasando os dous equipos ferroláns a cuartos.
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
Na Copa Prebenxamín o equipo A logrou chegar a Cuartos de Final e o B perdeu na primeira rolda.
O As Pontes A comezou perdendo co Cedeira (1-0), pero logo gañou a Eume (2-0) e Ánimas (1-0). En oitavos de final golearon 6-0 ó EFR Ferrol C, caendo en cuartos nos penaltis ante o Perlío tras rematar o encontro con empate a 1-1.
O equipo B perdeu 1-2 co EFR Ferrol B, 0-2 co San Pedro B, e rematou vencendo ó Cedeira B 0-3.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios