O MOBLES EUME FIXO DOBRETE Ó CONQUISTAR A COPA DE VETERANOS DE FÚTBOL-7 DE AS PONTES

46

Logo de conseguir a liga, o Mobles Eume proclamouse este sábado campión da copa de fútbol-7 de veteranos de As Pontes despois de vencer na final ó Santaballés, campión de liga da temporada 2010/11, por un claro 5-0, nunha final un tanto descafeinada, pois o Santaballés contaba con moitas baixas, xa que varios xogadores disputaban á mesma hora co equipo da liga provincial de Lugo o partido decisivo para o título de liga, que ó final logrou ó gañar en Sarria.
Máis competidas estiveron as semifinais da mañá disputadas no campo do Poboado. Na primeira enfrontáronse As Pontes 74 e Mobles Eume, equipo que se adiantou no marcador, pero os de As Pontes 74 remontaron e cando tiñan a final na man chegou o gol do empate no derradeiro minuto. Nos penaltis estiveron máis atinados os de Mobles Eume marcando dous mentres que o As Pontes 74 lanzou os dous fóra.
Na outra semifinal entre Farmavida e Santaballés, o conxunto farmacéutico puxo o xogo e o dominio, pero non tivo fortuna de cara ó gol, mentres que o Santaballés defendeuse ben e atopouse cun gol en propia porta que lle serviu para acceder á final.
veterans_001.jpg


veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
veterans_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios