O PUB SILVER GAÑADOR DA FASE DE AS PONTES DA 1ª COPA DE ESPAÑA DE FÚTBOL SETE SENIOR AFECCIONADO

61

O Club Pub Silver, de Narón, un equipo habitual nos maratóns do verán, foi o vencedor da fase pontesa da 1ª Copa de España de Fútbol-7 Senior Afeccionado que organiza a Fundación da RFEF en colaboración cos concellos de sete cidades españolas. Ademais de As Pontes, participan nesta primeira edición as cidades de Albacete, Torrejón de Ardoz, Córdoba, Guadalajara, Badajoz, León, Palencia, Tres Cantos e Calp.
Na sé pontesa participaron nove equipos, das comarcas do Eume, Ferrolterra, Ortegal e A Chaira luguesa, repartidos en tres grupos de tres pasando ás semifinais os campións máis o mellor segundo. A final disputárona o Bar A Pía, de Neda, e o Pub Silver, de Narón. O resultado final foi de dous goles a cero a favor do Pub Silver, equipo que participará na gran final a disputar en vindeiras datas na localidade de Calp (Alacant).
Tódolos partidos disputáronse no Campo de Deportes do Poboado, de As Pontes, estando a organización a cargo do Club Deportivo As Pontes. Arbitraron os doce partidos os colexiados de Terceira División da delegación de Ferrol, Víctor García Villaverde, Fernando Formoso Sánchez e Juan Orozco Corredoira.
futbol_sete-001.jpg


A xornada do sábado disputouse a fase previa de grupos, con estes resultados:
GRUPO A
Muchacalidad – Carnicería Bruno (2-2)
Atletic Maravilla – Carnicería Bruno (3-0)
Atletic Maravilla – Muchacalidad (1-3)
GRUPO B
Triskel – Deportes Equipa (0-0)
Pub Silver – Triskel (5-3)
Pub Silver – Deportes Equipa (6-1)
GRUPO C
Kpus Students – Escolantes da Chá (11-0)
Bar A Pía – Escolantes da Chá (15-0)
Bar A Pía – Kpus Students (5-1)
O domingo pola mañá xogáronse as semifinais con estes resultados: Muchacalidad – Bar A Pía (2-4) e Pub Silver – Kpus Students (4-0). Pola tarde enfrontáronse os gañadores na final co resultado de 2-0 a prol de Pub Silver.
Ó remate do torneo os concelleiros do Concello de As Pontes, Jesús Tembrás Martínez e Antonio Castro Ferreiro, fixeron entrega dos trofeos ós catro finalistas, así como un obsequio a Xaime Castro Paz, presidente do Club Deportivo As Pontes, equipo da Terceira División.
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
futbol_sete-001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios