INTERCAMBIO LESNEVEN 2012

26

Aínda quedan prazas libres para participar no encontro Lesneven 2012, que se celebrará na cidade bretoa do 28 de xullo ó 7 de agosto.
Os interesados en viaxar á Bretaña francesa ou recibir información poden poñerse en contacto coa Irmandade As Pontes-Lesneven, entidade cultural organizadora dos encontros de cidadáns europeos dentro dos programas da Unión Europea, chamando ó teléfono 662.393.596 ou a través do correo-e irponlescar@hotmail.com.
Calquera persoa pode participar na viaxe a Lesneven, sexa socia ou non da Irmandade e incluso de fóra de As Pontes, como xa teñen participado en encontros anteriores veciños da Coruña, Santiago, Ourense, Ferrol, Narón.
lesneven_001.jpg


Neste intercambio, ademais dos veciños de As Pontes e Lesneven, participarán habitantes das cidades de Carmarthen (Gales), Kezmarok (Eslovakia) e Bad Heilbrunn (Alemaña) nun encontro multinacional e pluricultural.
O programa oficial aínda non está pechado, pero, ademais da tradicional recepción no Concello e a visita ó mercado semanal, están programadas dúas excursións. Unha á cidade portuaria de Brest, para visitar o Océanopolis, o forte de Bertheaume e a Punta de Saint-Mathieu. A outra será ós Monts d’Arré, con visitas a Sizun, Commana, Braspartz, Huelgoat, onde os ponteses coincidirán cos veciños de Sarria (Lugo), que nesas datas tamén están de intercambio con Mur-de-Bretagne, a súa cidade irmá.
Tamén haberá un concerto na nova sala de espectáculos de Lesneven “Arvorik”, coa actuación do Bagad Bro Even (grupo de música tradicional) e o Jeff Tréguer Quartet, grupo que ofrece a música tradicional da Luisiana, como blues, “contry”, fundado no 2008 baixo a dirección de André Cavarec, guitarrista autodidáctica con máis de 16 anos en distintos grupos musicais.
lesneven_002.jpg
lesneven_003.jpg
lesneven_004.jpg
lesneven_005.jpg
lesneven_006.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios