ACTUACIÓN DO OLYMPO ATLETISMO NA CORRE CON NÓS

47

Na mañá do domingo celebrouse en Lugo a última xornada do XII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRE CON NÓS. Nunha xornada na que o tempo respetou disputouse nas inmediacións do parque de Frigsa a proba de 5.500 metros que xuntou na liña de saída a un total de 573 atletas.
Susi_final.jpg


Os rexistros dos atletas do Olympo nesta proba foron os seguintes:
124º Alejandro Alarcón Giraldo, 21º da categoría (21´44″)
131º Abel Pérez Corral, 27º da categoría (21´52″)
200º Susana Castro Pena, 1ª da categoría, 9ª muller (23´00″)
268º Ana Dopico, 8ª da categoría, 18ª muller (24´18″)
270º Xalo Maira, 48º da categoría (24´21″)
271º Susana Bellas Bermúdez, 5ª da categoría, 19ª muller (24´21″)
376º Da Ni, 40º da categoría (26´15″)
LIGA CORRE CON NÓS 2011-2012
Coa última carreira do circuito Corre con Nós deuse por finalizada a Liga 2011-2012 que ademáis de premiar os mellores postos dos participantes era necesario manter unha regularidade e participar cando menos en seis das sete probas do circuito. Entre os atletas do Olympo, tres foron as persoas que lograron puntuar e aparecer na clasificación final, con moi bos resultados. Susana Castro Pena, quedou CAMPIONA na súa categoría, por diante de Laura Gonta Novo (2ª) e Lucía González López (3ª), gañando todas as probas, e quedando de 10ª na clasificación xeral feminina. Alejandro Alarcon Giraldo finalizou no posto 15º da súa categoría sendo 100º da categoría xeral masculina. Por último, Xalo Maira, foi 28º na súa categoría e 168º na xeral masculina. Os vencedores absolutos foron Nicolás Arrojo Fernández en homes e Patricia García González en mulleres
Nova cortesía de Susana Castro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios