BORJA PRIETO E O K4 ESPAÑOL ESTARÁN NA FINAL DO K4 1000 METROS

53

borja.jpgO palista pontés Borja Prieto Valera ven de conseguir hai uns momentos cos seus compañeiros de embarcación Íñigo Peña, Álvaro Bravo e Diego Piña a clasificación para a Final A dos Europeos de Piraguismo que se están a desputar en Zagreb, e que terá lugar o vindeiro domingo sobre as dez da mañá.
Nas dúas series calificatorias desputadas ó mediodía, que outorgaban tres plazas na final en cada unha, coseguiron o seu billete respectivamente Serbia (3:02:33), Alemania (3:02:92) e Bielorrusia (3:04:55), na primeira, e Rumania (3:02:27), Hungría (3:02:63) e Eslovaquia (3:05:65), na segunda, respectivamente. Nesta última serie España foi cuarta.
Ata sete barcos con opcións chegaban á repesca, pero foi finalmente o cuarteto español o que cun sensacional tempo de 2:55:65, seguidos de Dinamarca (2:56:03), e República Checa (2:57:04), conseguían as tres últimas prazas en xogo. Por detrás, quedaron eliminadas seleccións de enorme prestixio como Polonia, Ucrania, Italia e Suecia.


Curiosamente na final estarán as sete embarcacións olímpicas europeas, a excepción de España e Bielorrusia. As outras tres que competirán en Londres 2012 dentro do escueto e cuestionable programa olímpico serán o equipo británico en condición de anfitrión, Australia e China.
Os mellores resultados de Borja nos Europeos foron o ouro no Europeo Sub23 Poznan 2004 xunto ó campión olímpico Saúl Craviotto, o bronce no Relevo K1 200 metros en Brandenburgo 2009, e ese mesmo ano tamén foi 4º no Mundial de Darmouth, xunto a Joan Ardit, Álvaro Bravo e Pablo Andrés no K4 200 metros.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios