I CONCURSO FOTOGRÁFICO AMOSANDO O NOSO PATRIMONIO

169

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais “Hume” convoca o I Concurso Fotográfico : “AMOSANDO O NOSO PATRIMONIO”, adicado a temas sobre o Patrimonio Natural, Industrial, Cultural, Arqueolóxico, Etnográfico e Artístico poñendo de relevo tanto a súa evolución coma o estado no que se atopan; o que se fai ou se desfai, destacando aspectos relativos á reconstrucción e conservación axeitada, así coma o expolio ou destrucción,e abandono a que se ven sometidos boa parte dos bens móveis e inmóveis, así coma moitos costumes e festas tradicionais que forman parte da chamada memoria colectiva do Concello das Pontes.
Con este aporte fotográfico, a Asociación “Hume” incrementará para o futuro e para o seu estudo, o arquivo fotográfico sobre o tema patrimonial dende diferentes obxectivos.
CONCURSO-FOTOGRAFIA-HUME.jpg


BASES ESPECÍFICAS DO I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE “HUME”:
“AMOSANDO O NOSO PATRIMONIO”
* Vai dirixido a persoas, maiores de 16 anos, afeizoados/as á fotografía.
* Presentaránse un máximo de 3 fotografías por concursante.
* As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor, en formato JPG e cun tamaño máximo de 8 Mb.
* Non se admitirán fotomontaxes nin fotografías retocadas digitalmente, agás retoques de axustes de brillo, tono ou contraste usados para mellorar a fotografía.
* As fotografías serán inéditas e non terán sido presentadas a outros concursos fotográficos.
* As obras enviaránse mediante correo electrónico a dirección asc.hume@gmail.com
Indicando en canto á obras:
* Título e tema da imaxe ou imaxes presentadas con breve descripción das mesmas.
* Lugar e data da toma.
En canto ao concursante indicarase:
* Nome e apelidos do autor.
* Lugar e data de nacemento.
* Domicilio, Código Postal e Poboación.
* Teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.
PLAZO DE ENTREGA:
Dende o 1 de Maio ao 10 de Xullo de 2012.
PREMIOS:
Establécense os seguintes premios:
1º PREMIO: 300 Euros
2º PREMIO: 200 Euros
3º PREMIO: 100 Euros
A tódolos concursantes entregaráselles un Diploma que acredite a súa participación neste certame.
XURADO:
Estará composto por membros da Directiva de “Hume” e persoas relacionadas co mundo da fotografía, ou persoas nomeadas polo comité organizador.
O fallo do concurso será inapelable.
DEREITOS DE REPRODUCCIÓN:
Enténdese que os participantes autorizan sin limitación de sistemas e medios á exposición, publicación e reproducción das súas obras sin aboamento de dereitos, pero garantindo sempre a difusión da súa autoría.
Os concursantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de imaxe.
O feito de participar no concurso supón a aceptación total destas bases.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios