Novo desprazamento do equipo do Clube Sílex para a participación no GPE Cidade de Lleida

61

Tres serán os arqueiros do clube que viaxarán ata terras ilerdenses para desputar o Gran Premio de España Cidade de Lleida. Na mañá do sábado 30 de xuño, Xaquín Mira, Miguel Alvariño e Carlos Romero, competirán por quedar entre os 32 primeiros da clasificatoria e así entrar no cadro de eliminatorias do domingo.


Será tamén unha boa oportunidade para saber como están de cara á súa participación, en menos dun mes, no Campionato de España Absoluto de Aire Libre que se vai celebrar en Chiclana de la Frontera (Cádiz).
Esta competición de Lleida é cita obrigada para os clubes que teñen equipos inscritos no Campionato de España de Clubes, no que tamén participa o Sílex. A disposición dos tres arqueiros é a de remontar a desvantaxe que teñen con respecto aos equipos clasificados, polo de agora, dentro dos 16 primeiros que terán opción de desputar a Final do Campionato de España.
Non viaxarán sós, irán acompañados polo presidente e entrenador Manuel Buitrón. Quen está a participar nas actividades do clube como entrenador e conductor nas moitas viaxes a campionatos que estes e outros arqueiros fan.
Nova cortesía do Clube Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios