ÚLTIMAS PRAZAS PARA VIAXAR A LESNEVEN

38

Dentro duns días a Irmandade As Pontes-Lesneven pecha a inscrición para participar no encontro de Lesneven deste verán. A viaxe a terras bretoas será do 28 de xullo ó 7 de agosto e realizarase en autocar con parada intermedia en Oiartzun. O aloxamento en Lesneven será en casas particulares.
Calquera persoa pode participar na viaxe a Lesneven, sexa socia ou non da Irmandade e incluso de fóra de As Pontes, como xa teñen participado en encontros anteriores veciños da Coruña, Santiago, Ourense, Ferrol e Narón.
Aínda queda algunha praza libre, polo que os interesados en viaxar á Bretaña francesa poden contactar coa Irmandade As Pontes-Lesneven, chamando ó teléfono 662.393.596 ou a través do correo-e irponlescar@hotmail.com.
lesneven.gif

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios