Final do Gran Premio de España Cidade de Lleida co 9º posto final de Miguel Alvariño

45

Domingo 1 de xullo e rematou o Gran Premio Cidade de Lleida. O sábado 30 de xuño celebrouse a fase clasificatoria con dúas rondas de 36 flechas a 70 metros. O Clube Sílex presentou a tres arqueiros que formaban parte do equipo que compite no Campionato de España de Clubes: Xaquín Mira, Miguel Alvariño e Carlos Romero.
Ao remate deste día Miguel Alvariño con 614 puntos clasifícase para os dezaseisavos de final no posto 12º; Xaquín Mira pasou de 24 ao ter un total de 590 puntos; por último Carlos Romero fixo unha puntuación de 527 e rematou no posto 58.
As últimas flechas que se tiraron o sábado foron as da primeira ronda eliminatoria, 1/16 de final en arco recurvo masculino. Xaquín Mira tívose que enfrontar a Diego Bernabé co que tivo unha eliminatoria reñida, perdendo por 6-4 e rematando este Gran Premio no posto 17º. Pola súa banda Miguel Alvariño comezou o sábado gañando por un contundente 6-0 a Juan Antonio Rebella. Con esta victoria pasou a poder desputar os oitavos de final o domingo pola mañá.
Amenceu o domingo cun clima moi diferente a o que se vivíu o sábado; totalmente anubrado, cunha brisa lateral e a temperatura que non pasaba dos 20 ºC. Miguel tiña que loitar co arqueiro olímpico en Pekín Daniel Morillo por un pase a cuartos de final. O primeiro set levouno Daniel, foi Miguel quen gañou o segundo set empatando a eliminatoria a 2 puntos. No seguinte set o arqueiro galego púxose por diante e a falta dun set para pasar a eliminatoria. Pero Morillo soubo repoñerse igualando a 4 puntos e rematando no 5º set coa eliminatoria ao poñer o 6-4 no marcador. Despois disto Miguel Alvariño remata este Gran Premio nun bo 9º posto final.
Esta competición foi a segunda proba puntuable para o Campionato de España de Clubes. O equipo do Sílex sumou 1731 puntos, sendo o 8º equipo clasificado neste Gran Premio, pero so remontando un posto na clasificación xeral da fase clasificatoria que rematou no posto 18º.
silex_1.jpg


silex_2.jpg
silex_3.jpg
Nova cortesía do Clube Sílex.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios