O executivo local aproba obras por valor de 330.000 euros

31

Concello. Na mañá do venres tivo lugar unha nova Xunta de goberno local na que varios dos membros do executivo local deron luz verde ao proceso de contratación de varios dos proxectos incluídos no Plan de Obras e Servizos 2012, subvencionado pola Deputación da Coruña e o executivo local. Serán tres os proxectos a desenvolver en vindeiros meses e que suporán unha inversión de algo máis de 330.000 euros e que afectarán aos barrios da Fraga, o Barreiro ou á avenida de Ferrol.


Nos traballos de pavimentación desta última o goberno local investirá 139.830 euros; Xa no poboado da Fraga está previsto que se acometan o antes posible os traballos da primeira fase de mellora de servizos e pavimentos e que suporá un gasto de 122.157 euros. O paquete de contratación de obras presentado complétase cos traballos de mellorar de pavimentación e alumeado do poboado do Barreiro, na súa primeira fase, o que se sacará a contratación por un total de 70.000 euros.
Estes traballos forman parte do plan de rehabilitación integral que se aplicará nos poboados do Barreiro e da Fraga, semellante ao xa aplicado na Magdalena, en varias fases. Finalmente, na mesma Xunta Local tamén se aprobou o expedente de contratación dos mestres que, no curso que ven, se encargarán de impartir todas as modalidades de música e baile das escolas culturais municipais.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios