O ESTEO FÚTBOL SALA PRESENTOU O SEU PROXECTO DE BASE

72

Co obxectivo de fomentar a educación e a formación persoal a través do deporte, inculcar á xente máis nova os valores, hábitos e estilo de vida, axudar a ser un bo deportista e a de promover o deporte de fútbol sala na vila pontesa, presentouse o pasado venres o proxecto da creación dos equipos de base do Club O Esteo Fútbol Sala.
Á cita acudiron un significativo número de mozos e nenos interesados no proxecto, así como algúns pais, o cal foi presentado polo vicepresidente da entidade, Juan Canosa. Tamén estaban o presidente do Club, Francisco Fernández, o adestrador, Diego Paz, e o ex xogador do Esteo, Noé, hoxe no A.D. do Fundâo, da primeira división portuguesa.
A idea está en crear equipos benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, equipo que xa está formado. As categorías de base teñen de prazo ata o 27 de xullo para inscribirse. O prezo é de 120 euros en dous pagos de sesenta e inclúe toda a equipación deportiva, ser socio do Club Esteo e participar gratuitamente en calquera actividade organizada pola entidade deportiva.
Na súa intervención, Juan Canosa, ademais de agradecer ós asistentes a súa presenza e presentar as liñas xerais do proxecto, sinalou que “queremos deixar claro que isto non é unha competencia de ninguén, se non que é unha cousa necesaria nos tempos que corren e que tiñamos gañas de facer dende hai tempo, xa que queremos que sexan os rapaces que no futuro representen a As Pontes no fútbol sala galego e español”.
De levarse a cabo a formación dos equipos de base, os partidos xogaranse os sábados pola mañá, agás os xuvenís que o farán os domingos.
esteo_001.jpg


esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios