CENTOS DE PONTESES CELEBRARON CON ENTUSIASMO O TERCEIRO TÍTULO CONTINENTAL DA SELECCIÓN ESPAÑOLA

95

Centos de ponteses vibraron co xogo realizado pola selección española na final celebrada o pasado domingo na capital ucraína de Kiev e ó final do partido saíron ás rúas para festexar polo alto este máis que merecido título continental dos españois.
O esforzo individual e colectivo, a humildade e o traballo en equipo son claves para que a Selección de España estea no máis alto do fútbol mundial nestes últimos catro anos. É a primeira en lograr tres títulos continentais consecutivos. Algúns din: Que estes humildes e sinxelos xogadores non son historia, se non lenda. Sexa unha ou a outra, o certo é que España está no cume do fútbol mundial.
En canto ó partido, dicir que foi unha das mellores finais da historia, onde España goleou a Italia (4-0) e logrou o histórico. España tomou o mando nada máis comezar o encontro e non tardou moito en adiantarse tras un centro de Cesc cabeceado ó fondo das mallas polo miúdo Silva (14´). Tras algúns ataques italianos salvados polo gran Casillas, preto do descanso, nun pase maxistral de Xavi, Jordi Alba, probablemente o xogador con maior rendemento do torneo, plantouse só ante Buffon e anotou o 2-0 marcando por baixo (41´).
A final, que xa case estaba sentenciada, rematou ó pouco de comezar o segundo tempo, trala lesión do recen incorporado Thiago Motta e quedar Italia con dez ó ter realizados xa os tres cambios (61´). Entremedias houbo un claro penalti na área italiana por man de Bonucci.
Nos derradeiros minutos Fernando Torres anotou o 3-0 de tiro cruzado (84´), e convértese, seguramente por moitos anos, no único xogador capaz de gañar catro Europeos marcando nas catro finais, as dúas Eurocopas máis os Europeos Sub19 e Sub17. Tanto que serviu a Torres para ser o Balón de Ouro do torneo, empatado a 3 goles e 1 asistencia co alemán de orixe español, Mario Gómez, pero con menos minutos xogados.
A rúbrica chegou por parte de Mata, que aproveitou un gran pase de Torres para facer o 4-0 definitivo (88´). E case marca Ramos o quinto de tacón no tempo de desconto.
laroja_001.jpg
España, que xogou con Casillas; Arbeloa, Piqué, Ramos, Alba; Busquets, Alonso; Xavi, Iniesta (Mata 86´), Silva (Pedro 58´) e Cesc (Torres 75´) consigue a súa terceira Eurocopa, tralas logradas en 1964 con gol de Marcelino, o galego de Ares, e no 2008, e conquista un sensacional triplete, coa andaina comezada hai catro anos e dous días na cidade imperial de Viena.
Quedou cerca Alemania, que gañou a Eurocopa 1972 e o Mundial 1974, quedando subcampión europeo no 1976 polo famoso penalti de Panenka, e tan só se aproximaría Uruguay, que gañou a Copa América 1923 e 1924 ademais dos Xogos Olímpicos de 1924, daquela considerado o mundial oficioso, pois o primeiro Mundial non se disputou ata 1930, e a propia Italia, que gañou os Mundiais de 1934 e 1938, conseguindo ademais entremedias as Olimpíadas de 1936.
España iguala a títulos con Alemania, que tamén suma tres (1972, 1980 e 1996), seguidas ambas de Francia, con dous, e con un quedarían Italia, Holanda, Dinamarca, Grecia e as extintas URSS e Checoslovaquia.
laroja_001.jpg


laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
laroja_001.jpg
Nova de X.F. e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios